gl
  • es
  • gl
Home > Sabadell Galego e CEG asinan un convenio de colaboración que pon até 300 M€ a disposición das empresas galegas para crecer, innovar e ser máis sostibles

Sabadell Galego e CEG asinan un convenio de colaboración que pon até 300 M€ a disposición das empresas galegas para crecer, innovar e ser máis sostibles

Banco Sabadell e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) renovaron o seu convenio de colaboración para contribuír ao desenvolvemento das empresas, achegando solucións de financiamento específicas para investimentos en materia de sostibilidade medio ambiental e de innovación e transformación tecnolóxica.

Con este acordo, o Banco Sabadell pon a disposición das empresas asociadas á CEG unha liña de financiamento especial de até 300.000.000 €, a través da que ambas as entidades buscan apoiar o crecemento das empresas galegas, apostando especialmente por proxectos de investimento no ámbito da sustentabilidade medio ambiental, a innovación e a transformación tecnolóxica.

Banco Sabadell ofrece solucións a través de produtos e servizos especializados en eficiencia enerxética, enerxías renovables e mobilidade sustentable, pondo a disposición das empresas galegas, solucións de financiamento específico para investimentos con aplicación sustentable, na que o uso dos fondos é o criterio principal para determinar a natureza verde ou social, así como tamén financiamento vinculado a sustentabilidade relativa a calquera tipo de financiamento que incentive á empresa ao logro de obxectivos de sustentabilidade con incorporación de métricas materiais en ESG, que lles permitirán beneficiarse de condicións preferentes.

O director xeral de Sabadell Galego e director xeneral adxunto de Banco Sabadell, Pablo Junceda, afirma que estes acordos reforzan o compromiso da entidade coas empresas galegas e coa CEG, “acompañando aos seus asociados na transición cara a unha economía sustentable, proporcionándolles asesoramento especializado e os produtos e servizos que necesitan para xestionar este camiño con éxito. A aposta polo coidado do medio ambiente debe ser compatible co crecemento económico e co benestar social, no que se inclúe a necesidade de satisfacer as necesidades actuais, sen comprometer ás xeracións futuras”.

Pola súa banda, presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, asegura que este acordo “busca apoiar o crecemento das empresas galegas, con especial atención e co obxectivo posto na sustentabilidade ambiental, a innovación e a transformación dixital. O apoio financeiro neste aspecto permite ás empresas galegas acceder a recursos económicos para investir en tecnoloxías limpas, eficiencia enerxética, xestión de residuos e outras iniciativas que fomenten a sustentabilidade ambiental. Isto proporciónalles unha vantaxe competitiva e axúdalles a aproveitar as oportunidades que ofrece a economía dixital”.

Así mesmo, ambas as entidades renovaron o convenio de colaboración polo cal Banco Sabadell, como parte do Consello Asesor da CEG, apoiará, durante todo o exercicio, diferentes actuacións da patronal galega, en canto a organización de encontros empresariais e tribunas con relevantes autoridades económicas.