Rexistrada hoxe na CEG a candidatura oficial de Juan Manuel Vieites á Presidencia da organización nas próximas Eleccións
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) recibiu esta mañá a presentación da candidatura oficial de Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa a ostentar a súa Presidencia para a próxima Asemblea Xeral Electoral -que se celebrará o día 21 de xaneiro-, e tras o acordo adoptado por unanimidade esta mañá polo Consello de Administración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL).
Vieites Baptista de Sousa é secretario xeral da patronal nacional da conserva Anfaco- Cecopesca e vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, o candidato acumula unha dilatada traxectoria profesional no sector da conservación de produtos da pesca, a acuicultura e a conserva, así como nas negociacións no ámbito da Unión Europea.
O vindeiro xoves, día 14 de xaneiro, finaliza o prazo para presentar as candidaturas; e ao día seguinte celebrarase unha xunta directiva para proclamar a/ s proposta/ s que se presentaron.
CV do candidato

José Manuel Díaz Barreiros oficializa a súa candidatura ás eleccións presidenciais da CEG
Leer mas
Contacta coa
CEG