gl
  • es
  • gl
Home > Reunión da CEG cos conselleiros de Economía e Facenda, e cos representantes de COOO e UGT, para coñecer o Plan de reactivación e de dinamización da Xunta de Galicia

Reunión da CEG cos conselleiros de Economía e Facenda, e cos representantes de COOO e UGT, para coñecer o Plan de reactivación e de dinamización da Xunta de Galicia

Antonio Fontenla, representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG, participou esta tarde na reunión convocada polas consellerías de Economía e Facenda cos axentes sociais de Galicia para coñecer o Plan de Reactivación e Dinamización de 2020 da Xunta de Galicia, dotado con máis de 3.000 millóns de euros e que ten como obxectivo recuperar a actividade económica de Galicia, xerar emprego nos sectores máis golpeados polo coronavirus e fortalecer os servizos públicos.

O Goberno autonómico destinará 5 millóns para impulsar o teletraballo co obxectivo de que as pemes e os autónomos teñan a oportunidade de adaptar as súas infraestruturas tecnolóxicas así como ampliar as capacidades dos seus empresarios para poder traballar a distancia.

A Confederación de Empresarios de Galicia considera que nestes momentos é máis necesario que nunca reforzar o marco de concertación establecido no Diálogo Social o pasado 10 de decembro de 2019, e traballar cara a un pacto polo futuro de Galicia co reto de adecuar os compromisos asumidos ao novo escenario económico, laboral e social, centrado nos galegos e nas galegas, traballadores e traballadoras, que atravesan as situacións máis complicadas.