Reunión co viceministro de Emprendemento e Tecnoloxía de Polonia
Os vicepresidentes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) Antonio Fontenla Ramil e Jaime Luis López Vázquez; o vicepresidente da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) Alejandro Cruz Iglesias; así como representantes das empresas do Consello Asesor da confederación e do sector tecnolóxico e loxístico galego reúnense co viceministro de Emprendemento e Tecnoloxía de Polonia, Marcin Ociepa, para abordar novas posibilidades de cooperación económica entre ambas áreas xeográficas.
A importancia estratéxica da economía polaca, unha das máis dinámicas da UE e cun mercado en crecemento continuo, converten ao país nun destino de gran interese tanto para a exportación galega como española. A realidade é que as relacións entre España e Polonia téñense intensificado recentemente xa que se manteñen con regularidade cumes bilaterais de alto nivel e o comercio entre ambas partes medra cada ano.
O viceministro de Emprendemento e Tecnoloxía de Polonia expuxo que o seu Goberno pretende centrarse nas rexións, concretamente en “emparellar empresas por sectores e por rexións” porque “cada unha – como é o caso de Galicia-, ten o seu perfil particular e pode axudarnos a conseguir unha simbiose empresarial perfecta”. Nesta liña, Marcin Ociepa anunciou a celebración dun Cumio Empresarial Rexional no próximo mes de setembro en Polonia con participación de gobernos rexionais de toda Europa, representantes dos negocios, cámaras de comercio, organizacións de traballadores e universidades, e invitou ás empresas presentes a participar na mesma.
Pola súa parte a CEG destacou que a colaboración entre as dúas áreas xeográficas ten sido esencial para a internacionalización de empresas galegas no país europeo.

Xornada sobre Economía Circular
Leer mas
La patronal gallega se compromete con la Estación de San Cibrao das Viñas, que es estratégica para Galicia
Leer mas
Contacta coa
CEG