Resolvendo dúbidas sobre o protocolo fronte ao acoso nos centros de traballo: resposta a 25 preguntas frecuentes
Autor :
- Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento :
- Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
- Xunta de Galicia
Data :
2024Formato :
- Electrónico
Número de páxinas :
12Documentos anexos :
O deseño, elaboración e implantación dun protocolo fronte ao acoso no ámbito
laboral converteuse nunha obriga ineludible para calquera empresa ou persoa
autónoma con empregados/as ao seu cargo, e o seu incumprimento é
constitutivo de infracción administrativa grave na orde social, que pode carrexar
multas e sancións.
Neste documento plasmamos as 25 preguntas mais frecuentes das
empresas sobre esta obriga, tanto para responder ás dúbidas que adoitan
expoñernos, como para recoller os puntos máis importantes sobre a materia que
deben ter en conta as organizacións, incluíndo a evolución da normativa na
materia, concretamente:
- Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.
- Convenio 190 da OIT sobre violencia e acoso.
- Lei Orgánica 10/2022, de 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual.
- Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI.
- Tamén é importante ter en consideración a Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra la corrupción.
Desde o Gabinete Técnico de Igualdade da Confederación Empresarial de Galicia, resolvemos calquera dúbida e prestamos asesoramento personalizado para fomentar a igualdade e a diversidade laboral. Non dubides en poñerte en contacto connosco.
☎ 981 555 888

Conxunto planificado de medidas e protocolo de prevención do acoso e da violencia contra as persoas LGTBI
Ler máis
50: O Número Clave que Marca a Diferencia na Igualdade Empresarial
Ler máis
Compendio de medidas a implantar nas empresas para impulsar a igualdade no ámbito laboral
Ler máis
Contacta coa
CEG