gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Refraneiro galego IV: Malo será

Refraneiro galego IV: Malo será

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Financiamento :

  • Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade|Gobierno de España|Ministerio de Trabajo y Economía Social|Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)|Dirección Xeral de Emprego|Xunta de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

Refraneiro galego IV. Malo será.pdf

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

Capítulo I: Nunca choveu que non escampara.
Capítulo II: Outra vaca no millo. 
Capítulo III. Nin arre nin xo.
Capítulo IV. Malo será. 

A “raíña” das expresión coloquiais galegas. Probablemente a mais coñecida fora das fronteiras da nosa Comunidade. E que vale para todo, adáptase a calquera situación. Ímolo ver con distintos exemplos:

•    Fixemos mal un exame? Malo será (que non aprobemos).
•    Non nos deron un proxecto? Malo será (que para a próxima non o gañemos).
•    Fomos a unha proba médica? Malo será (que non sexa bo o resultado).
•    Queremos que o noso veciño cambie de casa? Malo será (que non acabe marchando).
•    Estás coa gripe? Malo será (que non mellores axiña).

Para que logo digan que os de Galicia somos persoas pesimistas e negativas.
“Malo Será” é pura esperanza e optimismo, busca sempre o lado positivo das cousas.
Porque realmente o que ven significar e que, a pesares das adversidades, do mal dadas que poidan vir en calquera momento da vida, sempre haberá ventás polas que mirar, tempos mellores e soños por se cumprir.

Non é para namorarse desta expresión máxica que naceu entre carballos e orballo?

Por iso…malo será que non cheguemos a acadar a igualdade real na nosa sociedade (aínda que quede moito camiño por percorrer).

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete de  Igualdade da CEG:
igualdade@ceg.es
981 555 888

También te puede interesar
Puntos quentes relacionados co liderado feminino
26 de Outubro de 2023

Puntos quentes relacionados co liderado feminino

Leer mas
Punto de equilibrio
27 de Novembro de 2023

Punto de equilibrio

Leer mas
Da moda á moda
26 de Abril de 2023

Da moda á moda

Leer mas