gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Microvídeo sobre Saúde Laboral e Risco Psicosocial

Microvídeo sobre Saúde Laboral e Risco Psicosocial

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Financiamento :

  • Xunta de Galicia

Data :

2025

Formato :

  • Electrónico

O pasado 31 de outubro de 2025 celebrouse en Santiago de Compostela o Foro da Prevención do Risco Psicosocial, unha iniciativa da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración coa Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais (SGPRL), co financiamento da Xunta de Galicia.

Este Foro xurdiu como resposta á necesidade de abordar os novos desafíos no ámbito da prevención de riscos laborais, especialmente aqueles derivados da transformación dixital, a implementación da intelixencia artificial e o envellecemento poboacional no contexto galego.

Durante a xornada, persoas expertas de recoñecido prestixio dos ámbitos académico, empresarial e da administración compartiron coñecementos, experiencias e estratexias prácticas para a prevención e xestión dos riscos psicosociais nas organizacións, cunha participación de máis de 60 profesionais do sector.

Neste microvídeo recollemos algúns dos momentos máis destacados das intervencións dos poñentes, que abordaron cuestións clave como os retos da xestión do risco psicosocial, o impacto da intelixencia artificial no ámbito laboral e as prácticas empresariais para promover contornas laborais máis saudables e produtivas.

Co financiamento de:Coa colaboración:
Logo Xunta de Galicia
Logo SGPRL