gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > Estudo sobre riscos psicosociais na era dixital e estratexias para mellorar o clima e o benestar laboral

Estudo sobre riscos psicosociais na era dixital e estratexias para mellorar o clima e o benestar laboral

Financiamento :

  • Xunta de Galicia

Data :

2025

Formato :

  • Electrónico

Número de páxinas :

64

A Confederación de Empresarios de Galicia, en colaboración coa Sociedade Galega de Prevención de Riscos Laborais, dentro da acción denominada Foro da prevención do risco psicosocial, desenvolveuunhas sesións de traballo sobre os factores de risco psicosocial no ámbito laboral, en dous grupos de traballo:

  • Grupo de traballo sobre o risco psicosocial na era dixital.
  • Grupo de traballo sobre estratexias para a mellora do clima e benestar laboral.

Esta iniciativa xurdiu para:

  • Proporcionar un espazo de encontro e reflexión entre os diferentes axentes do tecido empresarial e da prevención dos riscos laborais.
  • Facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre expertos e profesionais.
  • Presentar estratexias prácticas e efectivas e ferramentas para a prevención e xestión dos riscos psicosociais.
  • Promover unha cultura organizacional baseada no benestar e na prevención.

Froito desta acción elaborouse un Estudo sobre riscos psicosociais na era dixital e estratexias para mellorar o clima e o benestar laboral.