gl
  • es
  • gl
Home > Publicaciones > 16 de novembro: Día internacional da Tolerancia

16 de novembro: Día internacional da Tolerancia

Autor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Editor :

  • Confederación de Empresarios de Galicia

Formato :

  • Electrónico

Información adicional :

16 nov. Día Tolerancia galego.pdf

En 1996, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas (resolución 51/95) convidou aos estados membros a celebrar nesta data o Día Internacional da Tolerancia, destacando que un dos propósitos da ONU é lograr a cooperación internacional na solución de problemas de carácter económico, social, cultural ou humanitario e no desenvolvemento e estímulo do respecto aos dereitos humanos e as liberdades fundamentais de todos/as, sen facer distincións por motivos de raza, sexo, idioma ou relixión. 

Con anterioridade, a UNESCO, (para o seu cincuentenario, o 16/10/1995) adoptara a Declaración de Principios sobre a Tolerancia, que afirma, entre outras cousas, que a tolerancia recoñece os dereitos humanos universais, as liberdades fundamentais dos demais e a diversidade dos pobos. Esta declaración describe a tolerancia como un requirimento político e legal para as persoas, os grupos e os estados (non só un deber moral). 

As Nacións Unidas están comprometidas a fortalecer a tolerancia fomentando a comprensión mutua entre as culturas e os pobos. 

Elementos clave para iso: 
•    Acceso á educación (non debemos esquecer que, a miúdo, a intolerancia ten a súa raíz na ignorancia e o medo ao descoñecido. Indispensable educar, desde a infancia, sobre os dereitos humanos) 
•    Acceso á información e un marco legal. Con leis nos distintos estados que permitan aplicar leis sobre dereitos humanos e contra as discriminacións e promovendo normativa que protexa o dereito á información e a liberdade de prensa. 
•    Toma de conciencia individual e en todos os ámbitos. Unha sociedade intolerante é o resultado de sumar as intolerancias individuais e as de distintos ámbitos (familia, centros educativos, amizades, centros de traballo…). 

Como todos e todas formamos parte da solución, desde o Gabinete de Igualdade da CEG queremos conmemorar este día reivindicando un esforzo para non tolerar a violencia, en xeral, e nos centros de traballo en particular).

Nestes tempos tan convulsos, traballemos a tolerancia como base fundamental dunha boa convivencia entre os seres humanos de diferentes culturas, razas, credos e modos de vida. 

Porque a tolerancia é sinónimo de respecto, non serven nin a indiferenza nin a indulxencia. 

igualdade@ceg.es
981 555 888

También te puede interesar
Refraneiro galego II: Outra vaca no millo
29 de Xaneiro de 2025

Refraneiro galego II: Outra vaca no millo

Leer mas
Refraneiro galego IV: Malo será
14 de Febreiro de 2025

Refraneiro galego IV: Malo será

Leer mas
Refraneiro galego IX: Chegar e encher
24 de Marzo de 2025

Refraneiro galego IX: Chegar e encher

Leer mas