gl
  • es
  • gl
Home > A Confederación de Empresarios de Galicia apela a la negociación y muestra su rechazo a cualquier tipo de violencia

A Confederación de Empresarios de Galicia apela a la negociación y muestra su rechazo a cualquier tipo de violencia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) apela á negociación e mostra o seu rexeitamento a calquera tipo de violencia. 

Subliñan que a negociación colectiva é a ferramenta clave para artellar as condicións laborais nos diferentes ámbitos de negociación, tanto sectoriais como territoriais. “Este ben común de empresarios e traballadores, debe ser respectado e illado de inxerencias de terceiros. Esa é a clave que nos fixo avanzar xuntos durante moitos anos e que non debemos pór en perigo”. 

Así mesmo, lembran que España conta cun marco xurídico de primeiro nivel, presidido pola Constitución española, que cataloga e protexe os dereitos individuais e colectivos de traballadores e traballadoras, a través de normas de diferente rango, e contempla diferentes instrumentos para configurar as relacións laborais, entre os cales están os convenios colectivos estatutarios que, baixo o acordo e a negociación, gañan a súa condición normativa a través da legitimación de quen o negocian.

Neste sentido, sinalan que “dita lexitimación non nos habilita, antes ou durante a negociación, para impor accións nin para alienar aos individuos tras a presión, a ameaza ou a violencia. Cada persoa debe coñecer os seus dereitos, decidir e situarse en cada momento e en cada situación onde entenda oportuno. Na medida en que queiramos impor uns a outra nosa visión, estaremos abocados ao fracaso como colectivo pero tamén estaremos a facer fracasar a liberdade de cada individuo”.

Así pois, manifestan que “actitudes e posicións violentas dunha parte do conflito cara á outra, rompen as pontes que deben conducir aos acordos necesarios para a paz social, na que debemos basear a competitividade das nosas empresas e mellores condicións de vida para as persoas. Pero as posicións violentas ou irrespetuosas con quen están en noso mesmo banco, supoñen unha ruptura de maior calado, se cabe e un ataque aos dereitos fundamentais de cada individuo”.

Explican que é tan respectable exercer o dereito á folga, como exercer o dereito a acudir ao posto de traballo: “a violencia, o uso da forza ou a coacción non están lexitimadas para promover o uso de calquera delas”.

Por iso, piden que “dende o máis profundo respecto ao dereito á folga, así mesmo pedimos respecto para quen non a secundan; respecto para as empresas que teñen a obrigación de manter a súa actividade; e respecto tamén para as posicións que cada parte defenda e especialmente para os seus negociadores e representantes. Corremos o risco de que ninguén queira asumir o custo persoal, económico e reputacional de ser estigmatizado e perseguido, por asumir altruistamente o rol de representar aos seus iguais”.

Engaden que o mero desencontro entre as posicións das partes, non justifica como medida de presión o ataque á reputación da empresa, as falsas acusacións ou as mensaxes nesgadas aos clientes ou á sociedade, “pois esa mesma reputación é na que traballamos xuntos empresarios e traballadores, reputación tan difícil construír e que non ten relación co desacordo na negociación”.

Dende a CEG insisten en preservar o espazo da negociación colectiva, “que non debe ser ocupada por decisións nin posicionamentos externos e alleos á realidade dos sectores e os territorios. Iso só está a contribuír a reducir o espazo da negociación e a disuadir da mesma a quen lexitimamente coñecen as necesidades e posibilidades de cada unha das partes da mesa”.

Apelan ao diálogo e á negociación “dende o respecto mutuo, como único camiño para a paz social e animamos as organizacións a pór en valor o acordo como panca de desenvolvemento”.