A Comisión Mar Industria da CEG manifesta o seu apoio ás demandas do grupo de pesca artesanal de Galicia contra a aplicación de control da pesca extractiva
Dende a Comisión Mar Industria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) expresan o seu apoio ás demandas do grupo de pesca artesanal de Galicia contra a aplicación da normativa de control da pesca extractiva. Aseguran que “pon en serio risco de desaparición á nosa frota artesanal, en prexuízo todo iso non só dos pescadores, senón do resto das partes da cadea de valor do sector mar alimentario galego e nacional”.
Sinalan que son conscientes de que a norma debe ser proporcional ás dimensións e características das frotas, e apoian as reflexións e advertencias reiteradas da Federación Galega de Confrarías sobre Galicia e a frota artesanal: “a inviabilidade de cumprir unha normativa unha normativa en continuo cambio, cada vez máis esixente, que na súa aplicación xeneralizada a frotas artesanais, como boa parte das galegas, resulta desproporcionada e imposible de cumprir na práctica”.
Contacta coa
CEG