A Comisión Mar Industria da CEG apunta a necesidade de que o novo Marco Financeiro da UE aposte decididamente polo sector e a súa viabilidade futura
A Comisión Mar Industria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mantivo unha reunión para facer balance das actividades do ano e revisar o estado de situación e preocupacións do sector como: as deficiencias regulatorias para a legalización a cadea de transformación na zona de servidume de protección de costas; a situación actual do proceso de aplicación da LOLGA; o proxecto de lei de simplificación administrativa ambiental; a caída continua da demanda de produtos pesqueiros e acuícolas no últimos catro anos: análise da situación actual e propostas de acción; o canon de Portos de Galicia; axúdalas FEMP compensatorias ás perdas na cadea de comercialización e transformación de bivalvos rexistradas por mor das mortaldades masivas por precipitacións excepcionais en 2023.
A Comisión Mar Industria da CEG puxo o foco na necesidade de incentivar o consumo: “O prezo segue sendo o principal indicador que elixe o consumidor, por iso insistimos na necesidade da rebaixa do IVE destes produtos, unha aplicación da fiscalidade saudable”.
Respecto diso da caída continua da demanda de produtos pesqueiros e acuícolas, alertan e insisten na “necesidade urxente dunha campaña potente a nivel nacional, máis aló das autonómicas, que teña maior impacto na poboación e dotada dos medios suficientes”. Neste sentido valoran positivamente a campaña Bono Peixe e piden continuar este tipo de accións.
En canto ao descenso da produción de bivalvos e axudas FEMP compensatorias, tras o episodio de precipitacións excepcionais, ocorrido en 2023, que causaron mortaldades masivas na produción de bivalvos e perdas significativas, explican que cabe aplicar axudas tamén aos transformadores, por iso, instan á Xunta de Galicia, ao Goberno do Estado e á Comisión Europea a desbloquear e canalizar axúdalas FEMP compensatorias para os transformadores.
Doutra banda, sobre o canon de Portos de Galicia, explican que o ano pasado trasladaron a preocupación do sector polo canon de Portos de Galicia. “Debemos seguir insistindo e solicitar unha revisión e adecuación do canon para as industrias de transformación e operadores do sector. Sería necesaria unha modificación da Lei de taxas da Xunta, e adaptala ás circunstancias do mercado”. Por iso, volverán trasladar estas cuestións e solicitarán unha reunión para tratar o asunto.

Outro tema abordado foi a aplicación da LOLGA. Subliñan a necesidade de que a LOLGA “sirva para o que se promulgou, reforzando a seguridade xurídica (art. 55.2)”.
Sobre o proxecto de lei de simplificación administrativa ambiental, consideran que a súa participación na fase inicial de redacción podería ser maior, tal como anticipouse. Abriuse un período de alegacións e achegas no que a CEG trasladou as súas achegas, pero insisten “en que para unha cogobernanza efectiva é necesario que o sector estea implicado na elaboración de normativas que lle afectan directamente”. Neste sentido, manterán unha reunión, a semana próxima, coa Dirección Xeral de Calidade Ambiental da Xunta de Galicia.
Por outra banda, aseguran que o debate sobre o Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028?2034 atópase nun momento clave. As repercusións dos cambios no mecanismo de financiamento europeo “poden supoñer un importante pau para o sector no seu papel de vertebrador do territorio”.
A proposta inicial da Comisión Europea introduce os Plans de Colaboración Nacionais e Rexionais (PCNR), un novo instrumento que integraría políticas como cohesión, PAC, pesca ou emprego baixo un mesmo marco estratéxico. Esta integración suscitou preocupación entre rexións e axentes socioeconómicos, polo risco dunha maior centralización nos estados membros e a posible perda de visibilidade de prioridades territoriais específicas.
A Declaración Galicia, impulsada pola delegación española do Comité Europeo das Rexións (CdR), reclama salvagardas para asegurar a participación rexional, a transparencia e a continuidade do investimento en todas as rexións, incluídas as máis desenvolvidas e en transición.
Neste contexto, a Confederación de Empresarios de Galicia organiza a xornada “O novo Marco Financeiro Plurianual 2028?2034: A visión rexional e empresarial de Galicia no debate europeo”, o venres 5 de decembro, co obxectivo de analizar os impactos do MFP desde a perspectiva rexional e empresarial, así como debater sobre as oportunidades e retos que expón para Galicia no marco da política europea, e que contará co conselleiro económico – Representación da Comisión Europea en España, Eduardo Gómez Casado; e co director xeral de Cohesión e Fondos Europeos. Consellería de Facenda e Administración Pública, Anxo Luís Tarrío Tobar.
A CEG asesora ás empresas para que participen en licitacións do Ministerio de Defensa
Ler máis
Contacta coa
CEG