A Comisión Mar Industria da CEG apela ao esforzo de todos os actores públicos e privados, ao longo de toda a cadea, para recuperar a produción de bivalvo
A CEG é consciente da complexidade dun problema que ten moitas compoñentes, no que todos os operadores e actores da cadea, tanto privados como públicos, somos parte e na que todos debemos achegar para tratar de superalos.
Desde a CEG vimos reclamando unha análise profunda da situación desde todos os ámbitos, pois só así poderemos dar unha solución satisfactoria e así o trasladamos na reunión da Comisión.
Consideramos que entre todos debemos achegar e cooperar para a recuperación dun produto que é bandeira de referencia e aspiramos a que así sexa no futuro.
Cando facemos referencia á imparable caída da produción de marisco bivalvo, facemos fincapé en que levamos dous anos e medio cunha concatenación de peches masivos da extracción, o que ha cronificado o problema, co consecuente desabastecemento dos mercados, e o risco certo de desaparición definitiva do recordo de produto na distribución e na clientela.
Por iso, aludimos a todos os actores principais, públicos e privados ao longo de todos os elos da cadea, para coñecer as causas e abordar medidas eficaces que revertan a situación.

Contacta coa
CEG