gl
  • es
  • gl
Home > A CEG reúnese co embaixador de EEUU en España, Benjamín León, Jr.

A CEG reúnese co embaixador de EEUU en España, Benjamín León, Jr.

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, participou este martes, nunha reunión celebrada na Embaixada dos Estados Unidos en España, en Madrid, presidida polo embaixador dos Estados Unidos de América, Benjamín León, Junior.

O encontro tivo lugar no marco dunha recepción oficial organizada en honra das Organizacións Internacionais de Desenvolvemento Económico dos estados de Xeorxia, Misuri, Carolina do Norte, Ohio, Pensilvania, Carolina do Sur, Texas e Virginia, con motivo da súa visita institucional a España.

A reunión permitiu reforzar os lazos de cooperación económica entre Galicia e Estados Unidos, así como explorar novas oportunidades de colaboración empresarial e investimento en sectores estratéxicos.

A CEG valora moi positivamente este tipo de encontros, “que contribúen a fortalecer a proxección internacional da economía galega e a abrir novas vías de relación con actores crave do desenvolvemento económico estadounidense”.

En canto á situación tensa que se vive na actualidade, o presidente do empresariado galego, explica que “Galicia exporta aos Estados Unidos, especialmente, servizos de loxística, produtos de comercio téxtil e agroalimentario, como viños ou conservas. Na Unión Europea hai libre circulación de mercadorías, pero Estados Unidos é o mercado máis importante para nós e necesitamos que se manteña. Buscar outros mercados como este non é tan fácil”.

Vieites insta o Goberno de España “a tentar facer o posible para que as relacións non produzan este tipo de distorsiones graves á economía española e galega”. Sinala, tras a reunión en Madrid que a embaixada estadounidense quere que a calma e os equilibrios territoriais entre Europa e Estados Unidos síganse mantendo dunha maneira adecuada e que os fluxos comerciais e económicos síganse mantendo.

“Creouse un ambiente de moitísima incerteza, que prexudica as relacións bilaterais e o comercio e a economía a nivel internacional. As empresas necesitan estabilidade. O embaixador é consciente das grandes relacións entre Galicia, España e EEUU e seguirá profundando nesa liña. Ao Goberno pedímoslle tentar moderar a situación, EEUU é un país amigo, e evitar que repercuta nos aspectos económicos e comerciais, de face ao futuro. A situación xeopolítica global actual é demasiado complexa. Habemos de traballar, gobernos, institucións, embaixadas, entidades empresariais, empresas, empresarias e empresarios para chegar a un acomodo adecuado”, detalla o presidente da CEG.