gl
  • es
  • gl
Home > A CEG reclama “unha estratexia aeroportuaria de país para Galicia, coordinada e orientada ás necesidades reais do tecido produtivo”

A CEG reclama “unha estratexia aeroportuaria de país para Galicia, coordinada e orientada ás necesidades reais do tecido produtivo”

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) traslada á Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes “a necesidade urxente de reforzar a conectividad aérea de Galicia desde unha visión estratéxica, coordinada e plenamente aliñada coas demandas reais do tecido empresarial galego”.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, reuniuse co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e remitiulle un documento onde se analiza de forma conxunta as necesidades remitidas por empresas e organizacións empresariais galegas e estruturadas como propostas de conectividad aérea, promovido pola CEG. A partir de ditas achegas, identifícanse os destinos máis demandados, as necesidades comúns por tipo de entidade, así como as observacións estratéxicas recorrentes, co fin de extraer conclusións útiles para unha planificación coordinada e eficiente do sistema aeroportuario galego.

Vieites afirma que “a análise realizada pola CEG pon de manifesto que a conectividad aérea non pode seguir sendo entendida unicamente como un elemento de mobilidade ou de atractivo turístico, senón como unha infraestrutura económica esencial para a competitividade, a internacionalización, a captación de investimento, a atracción de talento e o desenvolvemento equilibrado de Galicia”.

DeNde o punto de vista empresarial, existe un consenso practicamente unánime sobre a necesidade de consolidar Madrid e Barcelona como rutas estruturais e irrenunciables no tres aeroportos galegos, con frecuencias suficientes e, especialmente, con horarios adaptados ao uso profesional e corporativo. “As empresas demandan saídas á primeira hora da mañá e regresos a última hora da tarde ou da noite, que permitan realizar desprazamentos de traballo no mesmo día e optimizar tempos, custos e produtividade”.

O empresariado galego identifica tamén como necesarias outras conexións nacionais de alto valor económico e loxístico, como Valencia, Bilbao, Sevilla ou Málaga, así como ligazóns con territorios de interese empresarial recorrente como Canarias e Baleares, especialmente para compañías con implantación ou actividade comercial en todo o territorio nacional.

No ámbito internacional, a prioridade expresada polas empresas non se centra tanto en multiplicar destinos dispersos “como en asegurar unha conexión eficiente e estable cos principais hubs europeos, que permitan enlazar Galicia cos mercados internacionais mediante unha soa escala e billete integrado”. Neste sentido, os destinos considerados prioritarios son Londres, París, Frankfurt, Ámsterdam e Bruxelas, xunto con outros puntos de especial interese como Milán, Lisboa, Dublín, Roma ou Zúric/Xenebra. Así mesmo, constátase unha demanda estratéxica de mellor acceso a mercados de longo radio como Estados Unidos e Latinoamérica, claves para a proxección exterior de numerosas empresas galegas

“A CEG considera igualmente necesario abordar a política aeroportuaria galega desde unha lóxica de sistema integrado, baseada na complementariedade e a especialización funcional, evitando a competencia interna e a fragmentación da demanda. O propio tecido empresarial identifica un modelo no que Santiago de Compostela actúe como principal nodo de conexión internacional, A Coruña reforce o seu papel vinculado ás viaxes de negocio e á conexión con hubs europeos, e Vigo consolide a súa función ao servizo da industria, a exportación e a eurorrexión, contribuíndo ademais a evitar a fuga de pasaxeiros cara a infraestruturas aeroportuarias externas”, explica Vieites.

A esta visión súmase unha reivindicación recorrente do empresariado: “a necesidade de atraer e consolidar nas rutas estratéxicas unha maior presenza de compañías de rede, capaces de ofrecer billete integrado, protección de conexións e maior fiabilidade operativa. Aínda que as aerolíneas de baixo custo teñen un papel recoñecido na oferta aérea, a empresa galega considera que non deben monopolizar o deseño do sistema, especialmente naquelas conexións con maior valor económico e corporativo”.

A conectividad aérea debe, ademais, entenderse desde unha perspectiva máis ampla de mobilidade intermodal. Por iso, o presidente da CEG subliña a importancia de “mellorar os accesos terrestres aos aeroportos galegos, avanzar en solucións de integración Train & Fly e reforzar a coordinación entre a infraestrutura aeroportuaria e o sistema de transporte público, de maneira que a conectividad sexa realmente útil e competitiva para o conxunto do territorio galego”.

Por último, a Confederación lembra que Galicia afronta nos próximos anos importantes retos e oportunidades vinculados ao seu posicionamento económico e exterior, entre eles a celebración do ano Xacobeo 2027, así como un calendario consolidado de feiras, congresos e eventos empresariais de proxección internacional distribuídos por toda a comunidade. “Esta realidade reforza aínda máis a necesidade dunha rede aeroportuaria ben planificada, conectada cos principais polos de actividade económica e preparada para responder a picos de demanda asociados á actividade empresarial, industrial, comercial e institucional”.

Vieites fai, por tanto, un chamamento ás administracións competentes para que “impulsen unha estratexia aeroportuaria de país para Galicia, construída con visión a medio e longo prazo, diálogo co tecido produtivo e criterios de eficiencia, competitividade e cohesión territorial. Galicia necesita máis e mellor conectividad aérea porque necesita máis capacidade para competir, crecer e proxectarse ao mundo”.