gl
  • es
  • gl
Home > A CEG pide responsabilidade institucional e diálogo real ante novas propostas do Goberno en materia laboral

A CEG pide responsabilidade institucional e diálogo real ante novas propostas do Goberno en materia laboral

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) manifesta a súa profunda preocupación “pola forma en que o Goberno está a impulsar cambios normativos que afectan directamente ao tecido empresarial sen contar co necesario diálogo social”.

A recente ampliación do permiso parental mediante Real Decreto-lei, sen consulta previa cos interlocutores sociais, volve evidenciar “unha dinámica unilateral que pon en risco o modelo de concertación que garantiu a estabilidade económica e social en España durante décadas”, advirten.

Neste sentido, a CEG súmase a CEOE e CEPYME para afirmar que “esta medida, que se tomou sen previa consulta a empresarios e sindicatos, é un exemplo máis dunha dinámica preocupante que ignora o modelo de concertación social”.

E lembran que esta forma de proceder prodúcese nun contexto especialmente sensible para o tecido produtivo do noso país, xa que as empresas afrontan xa unha elevada presión: unha taxa de absentismo sen precedentes (con 1,6 millóns de persoas que faltan cada día ao seu posto de traballo); unha caída da produtividade por ocupado do 0,7% no segundo trimestre; unha proposta de redución de xornada a 37,5 horas semanais que non ten en conta a diversidade sectorial nin a realidade de convenios e persoais; unha alta fiscalidade que mingua a competitividade das empresas fóra das nosas fronteiras; e a imposición de obrigacións continuas, como os pretendidos cambios do rexistro horario e a crecente burocracia, que afogan ás empresas e persoas autónomas.

A esta medida engádese agora -din- a intención, reiterada pola vicepresidenta Yolanda Díaz, de volver incrementar o salario mínimo interprofesional (SMI). “Aínda que desde a CEG compartimos o obxectivo de mellorar o poder adquisitivo dos traballadores, insistimos en que calquera modificación do SMI debe facerse con rigor técnico, avaliación de impacto e acordo entre os axentes sociais. Subidas automáticas, desvinculadas da realidade económica e territorial, xeran distorsiones importantes, especialmente en sectores con menor marxe e en pemes, que representan a gran maioría do tecido produtivo galego”.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, asegura que “non se pode seguir lexislando á marxe do diálogo social, cargando unha e outra vez sobre as empresas medidas que incrementan custos e rixideces nun momento de clara desaceleración económica”.

Desde a CEG reclaman previsibilidad, seguridade xurídica e un marco estable que favoreza o investimento, o emprego e a competitividade. “Nun momento en que a economía galega necesita consolidación e estabilidade, non podemos permitirnos máis improvisacións nin anuncios unilaterais que xeran incerteza e desconfianza. É hora de recuperar o respecto institucional cara ao diálogo social real, estruturado e eficaz”.