A CEG pide axilizar o procedemento de devolución do IVE para evitar que as demoras prexudiquen ás empresas
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) pide axilizar o procedemento de devolución do IVE, en aras de evitar causar danos financeiros severos ás empresas, especialmente ás pemes e persoas autónomas.
Explican que a administración pode suspender a devolución do IVE se inicia unha comprobación dentro do prazo legal, “isto estende legalmente o prazo e a devolución pode atrasarse máis aló do 31 de xullo. Esta práctica xa foi denunciada por asociacións de pemes e asesores fiscais en varios exercicios, ao considerar que se utiliza de forma sistemática para demorar pagos, especialmente en xullo e decembro”.
Dende a CEG entenden que a apertura de expedientes “pode parecer que se usa como mecanismo sistemático para atrasar devolucións sen motivación real, coa consecuente dificultade que supón a demora de pagos para as empresas, especialmente as máis pequenas e persoas autónomas. Apelamos á responsabilidade administrativa para non danar ás empresas, xa de seu sobrecargadas fiscalmente”.
Reiteran que “aínda que existe base legal para que Facenda atrase devolucións se inicia comprobacións, o seu uso sistemático pode ser abusivo, e moitas pemes denunciárono como prexudicial”.

A CEG pide responsabilidade institucional e diálogo real ante novas propostas do Goberno en materia laboral
Leer mas
Contacta coa
CEG