A CEG lamenta profundamente o falecemento de Marisol Novoa, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) expresa a súa máis profundo pesar polo falecemento de Marisol Novoa Rodríguez, presidenta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), referente indiscutible do tecido empresarial galego e figura clave na defensa dos intereses das empresas ourensás.
En nome de toda a organización, o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, transmitiu as súas condolencias á familia, amigos e compañeiros de Marisol Novoa, destacando “o seu inquebrantable compromiso co desenvolvemento económico de Ourense e de Galicia, a súa proximidade, e a capacidade de diálogo e consenso que sempre demostrou en beneficio do conxunto do empresariado”.
Vieites subliñou a estreita relación profesional e persoal que lles unía: “Marisol foi, ademais dunha excelente presidenta, unha compañeira leal e unha amiga. A súa enerxía, a súa entrega e a súa visión estratéxica para impulsar a competitividade das nosas empresas deixan un legado que servirá de guía ás xeracións futuras de empresarios e empresarias”.
Baixo o seu liderado na CEO, Marisol Novoa impulsou proxectos decisivos para o fortalecemento do tecido empresarial ourensán, fomentando a cooperación entre empresas, a formación e a internacionalización. O seu labor contribuíu a estreitar lazos co resto de confederacións provinciais e coa propia CEG, defendendo sempre a unidade empresarial como ferramenta esencial para o progreso económico.
A Confederación de Empresarios de Galicia únese á dor por esta irreparable perda e rende homenaxe a unha muller que dedicou a súa vida á empresa e a Galicia, deixando unha pegada indeleble en quen tiveron o privilexio de traballar ao seu lado.
Descanse en paz.
A CEG pide axilizar o procedemento de devolución do IVE para evitar que as demoras prexudiquen ás empresas
Leer mas
A CEG pide responsabilidade institucional e diálogo real ante novas propostas do Goberno en materia laboral
Leer mas
Contacta coa
CEG