A CEG destaca a súa colaboración coa Xunta para reducir a carga burocrática e favorecer a competitividade das empresas galegas
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reuniuse co director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro, e a xerente do IGAPE, Patricia Villajos, para trasladar as principais inquietudes das empresas nesta materia, como a necesidade de simplificar a normativa; dispor de mecanismos que permitan a interoperabilidad de administración e organismos que, entre outras cousas, eviten a presentación da mesma documentación de forma repetitiva; ou tamén revisar a cantidade de obrigacións ás que se enfrontan as empresas a partir dun determinado tamaño e como isto pode afectar o crecemento empresarial.
Dende a CEG manifestan a súa satisfacción porque se estean dando pasos neste sentido, “porque é clave para a competitividade das empresas galegas e pómonos a disposición da Xunta de Galicia para seguir avanzando”.
Explican que para resolver os problemas detectados polas empresas na súa relación coa administración, reducir a carga burocrática e, en consecuencia, aumentar a confianza das empresas nas institucións, é necesario, entre outras medidas, o desenvolvemento de plataformas que permitan compartir información entre administracións, evitando que as empresas teñan que presentar a mesma documentación varias veces; contar co apoio dunha asistencia técnica personalizada en calquera momento da tramitación dun expediente administrativo; fomentar a simplificación documental e normativa; e aproveitar a intelixencia artificial para mellorar a accesibilidade dos servizos públicos.
Tamén falan do establecemento de tempos máximos para a tramitación e resolución de expedientes, e de coordinación territorial, en canto á homogenización de criterios entre diferentes administracións.
Subliñan a necesidade da participación empresarial no deseño de políticas, “unha participación máis activa das asociacións empresariais na elaboración de normativas e procedementos que lles afecten directamente”.

A CEG achega ás empresas, en Mindtech Vigo, o labor dos seus distintos servizos
Leer mas
A CEG celebra a súa primeira asemblea xeral, logo da reelección do seu presidente
Leer mas
Contacta coa
CEG