José Manuel Díaz Barreiros oficializa a súa candidatura ás eleccións presidenciais da CEG
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) recibiu esta mañá a presentación da candidatura oficial de José Manuel Díaz Barreiros a ostentar a súa Presidencia para a próxima Asemblea Xeral Electoral -que se celebrará o próximo día 24 de novembro-, tras o apoio unánime da Xunta Directiva da Confederación Empresarial de Ourense ( CEO), organización á que pertence.
O empresario ourensán pertence ao comité executivo e á xunta directiva da CEG e foi vicepresidente da CEO co anterior presidente desta entidade, o falecido José Manuel Pérez Canle. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Díaz Barreiros é tamén Máster en Asesoría Xurídica de Empresas e Máster en Dirección de Asesoría Fiscal de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid (IE). Ademais, entre a súa bagaxe profesional, destaca a faceta de Xestor Administrativo e Procurador dos Tribunais e Corredor e Perito Xudicial de Seguros.
Foment do Treball e a CEG organizan un foro empresarial bilateral, que se celebrará o próximo ano en Barcelona
Ler máisA CEG busca xerar oportunidades de investimento entre Galicia e China, nun foro que contou co embaixador chinés Yao Jing
Ler máis
Contacta coa
CEG