Foment del Treball e a CEG impulsan o Cumio Empresarial Cataluña-Galicia en Barcelona
Foment do Treball e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) inauguraron este mércores en Barcelona o Cumio Empresarial Cataluña-Galicia, un encontro orientado a reforzar os vínculos económicos, empresariais e institucionais entre ambos os territorios.
A primeira xornada do Cumio celebrouse no Palau da Generalitat cunha recepción institucional do presidente da Generalitat, Salvador Illa, a máis de oitenta representantes de empresas e organizacións catalás e galegas. O acto contou coa participación do presidente de Foment do Treball, Josep Sánchez Llibre; do presidente da CEG, Juan Manuel Vieites; e do conselleiro de Empresa e Traballo, Miquel Sàmper.
Na súa intervención, o presidente de Foment del Treball, Josep Sánchez Llibre, destacou o potencial da relación entre ambos os territorios. “Catalunya e Galicia son dous territorios con identidade propia, cunha forte cultura do traballo, con vocación emprendedora e cunha clara orientación exterior”, afirmou, e subliñou que son dúas economías “profundamente complementarias”.
Sánchez Llibre lembrou que Cataluña e Galicia representan conxuntamente o 23,5% do PIB español e o 33,8% das exportacións nacionais de bens, e que o comercio interregional entre ambos os territorios alcanzou en 2023 os 4.770 millóns de euros. “Non falamos, por tanto, dunha relación menor; falamos dun eixo económico de primeira orde para España”, remarcou.
Pola súa banda, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, destacou que este encontro, “fraguado nunha reunión ao máis alto nivel entre Foment e a CEG, o pasado mes de outubro na Illa da Toxa, nace cunha vocación clara: fortalecer unha alianza empresarial estable, útil e orientada a resultados. Unha alianza baseada na cooperación, na complementariedade e na vontade de afrontar xuntos desafíos que non se poden resolver senón en cooperación”.
Engade que “esta empresa, requirirá do esforzo e compromiso de todos: tanto dos actores privados e das súas organizacións, neste caso Foment e a CEG, como dos gobernos e administracións competentes: Xunta e Generalitat, pois é o a colaboración e cooperación público-privada onde mellor optimizaremos os nosos resultados tanto Galicia como Cataluña”.
En definitiva, a cooperación entre Galicia e Cataluña pode converterse nun exemplo, di, de como construír unha política industrial moderna desde os territorios. “O gran desafío das nosas economías non é unicamente tecnolóxico; é tamén humano. Moitas empresas teñen dificultades para atopar perfís cualificados, garantir a substitución xeracional ou adaptar as capacidades profesionais á transformación dixital e verde. Aí a colaboración entre empresa, formación profesional, universidade e administracións será decisiva. Porque hoxe xa non falamos unicamente de producir; falamos de producir mellor, de producir preto e de producir con valor engadido. Debemos actuar como espazos de diálogo, de consenso e de construción de propostas útiles para as nosas empresas e para a sociedade. A relación entre a CEG e Foment do Treball vai precisamente nesa dirección: xerar pontes, compartir coñecemento e defender conxuntamente unha visión de crecemento baseada na industria, a innovación e a competitividade”.






O Cumio continuará na sede de Foment do Treball con reunións sectoriais centradas en industria agroalimentaria, seguridade e defensa, téxtil e innovación. Posteriormente, os portavoces de cada ámbito presentarán as propostas e conclusións dos grupos de traballo nunha sesión plenaria que contará coa intervención do presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, e clausúraa do presidente de Foment do Treball, Josep Sánchez Llibre.

Na xornada participaron por parte de Galicia, o vicepresidente da CEG e o secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime L. López; o vicepresidente da CEG e presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), David Martínez; así como representantes de ABANCA, JEALSA Foods, Fornos de Lamastelle, Grupo HOTUSA, CONGALSA, GDOCE Grupo Empresarial de Servizos SL, Grupo Terras Gauda, Troyan Drones, AUTHUSB SL, a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (ASIME), Paz Rodríguez, IMATIA Innovation SL, INDITEX, INYCOM (Grupo Nunsys), Possible Incorporated, Tecnoloxías PLEXUS S.L., ALTIA Consultores, S.A., BANDALUX e IMATIA Innovation, S.L.
Por parte de Foment participaron o secretario xeral, David Tornos; o vicepresidente de Foment e presidente da COELL, Josep Maria Gardeñes; o vicepresidente de Foment e presidente da UFEC, Gerard Esteva; así como representantes de Mango, Texfor, AEF, Institut Agrícola Català de Sant Isidre, Banc Sabadell, Calvet Fruits, ANGED, Texfor, Dltcode, RCD, SIRT, Vallformosa Grau SA, UPM, Seabots, Aresa Shipyard SL, Aggity, Tech Barcelona, Telefonica, Aggity, Consello Intertextil Español, Glovo, Aresa Shipyard SL, Téxtil Ortiz, FECIC, Caves Miquel Pons, Vallformosa, Google e Singular Aircraft.
La Cumbre Empresarial Cataluña-Galicia quere contribuír a identificar novas oportunidades de colaboración, favorecer o contacto entre empresas e impulsar proxectos compartidos en sectores estratéxicos para a economía produtiva.
Contacta coa
CEG