gl
  • es
  • gl
Home > CONVOCATORIA PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE DESEÑO DO “PREMIO EMPRESARIAL DE GALICIA” Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

CONVOCATORIA PARA A PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS DE DESEÑO DO “PREMIO EMPRESARIAL DE GALICIA” Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

Obxeto da convocatoria

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) abre o proceso de presentación de propostas para o deseño do premio físico que será entregado ás persoas e entidades galardoadas no Premio Empresarial de Galicia.

O obxectivo desta convocatoria é seleccionar un deseño orixinal, representativo e aliñado cos valores da CEG e do tecido empresarial galego.

Esta convocatoria realízase a éxito, o que implica que unicamente a proposta seleccionada será remunerada e executada.

Destinatarios

Poderán participar estudos de deseño, profesionais do deseño industrial, talleres de artesanía contemporánea e empresas especializadas na creación e produción de galardóns ou pezas representativas.

Alcance do deseño

As propostas deberán incluír, como mínimo:
Concepto creativo do galardón e memoria justificativa.
Bosquexos, renders ou visualizacións tridimensionais.
Descrición detallada de materiais, acabados e técnicas de fabricación.
Dimensións aproximadas, peso estimado e consideracións de ergonomía.
Proposta de base, placa ou sistema de gravado.
Estimación de custos de produción por unidade.
Prazos previstos para a fabricación e entrega.

Requisitos do premio físico

O deseño deberá cumprir os seguintes criterios:
Ser orixinal e non ser utilizado previamente.
Incorporar materiais de alta calidade e durabilidad.
Presentar unha estética moderna, sobria e coherente coa identidade institucional da CEG.
Ter unha altura orientativa entre 20 e 35 cm e un peso adecuado para a súa manipulación en actos públicos.
Permitir a produción de 3 unidades por edición.

Condicións de participación

A participación nesta convocatoria non leva remuneración.
Só a proposta seleccionada recibirá a correspondente remuneración polo deseño e, no seu caso, o encargo de produción do premio físico.
A CEG resérvase o dereito de declarar a convocatoria deserta se ningunha proposta alcanza os estándares requiridos.

Criterios de selección

As propostas serán avaliadas por un comité de valoración designado pola CEG, conforme aos seguintes criterios e puntuacións máximas, sobre un total de 100 puntos:
Creatividade, orixinalidade e calidade conceptual (25 puntos).

Presentación de propostas

As propostas deberán enviarse en formato dixital (PDF) á dirección:
info@ceg.es
Asunto: Convocatoria – Deseño Premio Empresarial de Galicia
O dosier deberá incluír:

  • Datos identificativos da empresa ou profesional.
  • Portfolio ou mostra de traballos previos.
  • Proposta completa conforme aos requisitos establecidos.
  • Orzamento estimado e condicións de produción.

Información e consultas

Para calquera aclaración ou consulta técnica, as persoas interesadas poderán dirixirse a:
info@ceg.es
Tel.: 981 555 888

DESCOBRE TODOS OS DETALLES NO ADXUNTO