gl
  • es
  • gl

Enterprise Europe Network

A Enterprise Europe Network é unha iniciativa da Comisión Europea xestionada pola Axencia Executiva do Consello Europeo de Innovación e Pemes (EISMEA) que ten como obxectivo mellorar a competitividade e lograr un crecemento sostible das empresas europeas, en especial das pemes. É unha das maiores redes de apoio á empresa a nivel mundial e conta cos expertos de máis de 600 organizacións que a integran, recoñecidas pola súa excelencia no apoio empresarial.

Flyer servizos EEN

Servizos

Procura de socios en mercados estranxeiros

    • Promoción e asistencia para a participación en reunións bilaterais internacionais para a adopción de acordos comerciais.
    • Asistencia para a elaboración de perfís comerciais e a súa difusión para promover a cooperación empresarial

Se desexa máis información sobre algunha oportunidade comercial, envíe un e-mail indicando a referencia a euroinfo@ceg.es



Crecemento e desenvolvemento empresarial internacional

    • Información e asesoramento sobre internacionalización e libre circulación de mercadorías e traballadores.
    • Información e asesoramento sobre a libre prestación de servizos transnacional.
    • Organización de eventos para a información ou formación en diversos temas relacionados coa internacionalización das actividades empresariais.

Acceso ao financiamento

    • Información e asesoramento personalizado sobre o acceso a financiamento, en especial en fondos UE.
    • Información e asesoramento para a participación en proxectos e programas da UE.
    • Organización de xornadas e seminarios especializados sobre financiamento e participación en proxectos europeos.

Participación no proceso de adopción de decisións

    • Promover a participación interactiva das empresas nas políticas da Unión Europea.
    • Interlocución e contacto coas Institucións Europeas.
    • Asesoramento ás empresas sobre normativa da UE de interese.

Fomento da competitividade empresarial

    • Información e asesoramento sobre a transformación dixital das empresas, así como a difusión ou organización de eventos informativos sobre as oportunidades das tecnoloxías dixitais.
    • Información e concienciación sobre sustentabilidade co obxectivo de avanzar cara a unha xestión empresarial equilibrada entre medio, sociedade e economía.
    • Información e orientación sobre cuestións derivadas da xestión da propiedade intelectual e sensibilización sobre a protección da propiedade intelectual mediante a organización de eventos.

O noso consorcio EEN

A Confederación de Empresarios de Galicia é membro da Enterprise Europe Network a través do Consorcio Galactea Plus que integra a distintas organizacións das rexións de Galicia, Asturias, Cantabria, e Castela León:

Enlaces de interese

Formulario

    Consulta as condicións para o tratamento dos teus datos
    Tamén autorizo a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.