Australia, India, Mercosur e México: o mapa comercial co que Europa tenta reducir os riscos de dependencia de China
Os progresos que a Unión Europea ha estado facendo estes últimos anos en materia de pactos comerciais con potencias globais son formidables. En 2026 avanzan de forma efectiva os acordos con Australia, India, México e Mercosur. Todos estes supoñen grandes logros para a internacionalización da UE a nivel económico, entre outros.
Dende a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), no marco da pertenza á rede Enterprise Europe Network, entendemos que para rexións como Galicia, isto pode traducirse en máis oportunidades de exportación, acceso a materiais estratéxicos e novas cadeas de valor en sectores como automoción, téxtil, alimentación e loxística.
Entre outras cousas, nestes pactos de Europa con rexións ou países trabállase en reducións arancelarias e un acceso favorable a determinados mercados coa posibilidade de participar en licitacións públicas e ofrecer protección aos investimentos realizados. Tamén se establece un marco de normas e estándares comúns para o intercambio de bens. Cabe destacar que non sempre se cumpren, sobre todo as relacionadas coa seguridade alimentaria e ambiental, polo que é necesario implementar sistemas de control que as supervisen.
Aínda que poidan parecer independentes uns doutros, estes acordos asínanse na dinámica dun mesmo movemento xeopolítico. A UE traballa en redibujar o seu mapa comercial, coa intención de ampliar o mercado e diversificar os riscos nun momento de gran incerteza e inestabilidade política.
A Unión Europea e China
Para poder entendelo, resulta imperativo explicar a relación entre a Unión Europea e China, unha potencia que ademais de ser a fábrica cos prezos máis alcanzables do mundo, agora xoga un importante papel en sectores como a produción de baterías, refino de materiais críticos, coches eléctricos ou paneis solares, entre outros.
Debido á súa relevancia no mercado internacional, a UE atópase nun rol un tanto dependente na súa relación bilateral con China do que pretende escapar. O motivo é evitar momentos de vulnerabilidade como os que sufriu durante o conflito entre Rusia e Ucraína, derivados da escaseza de subministracións pola dependencia enerxética do gas ruso.
A estratexia da UE
Nos acordos que mencionamos entre Europa e outras rexións ou países trabállase en construír unha relación bilateral mutuamente beneficiosa. No entanto, de forma simultánea contribúen ao proceso de diversificación de socios no que a UE está envolto.
A intención principal responde á estratexia de redución de riscos estratéxicos (de-risking), unha lóxica xeopolítica na que se busca reducir a posibilidade de dependencia excesiva doutro actor internacional, pero non romper as relacións con el. No caso da Unión Europea, pretende traballar na súa resiliencia e gañar autonomía fronte a China. Para entendelo mellor, débese facer unha breve reflexión sobre a influencia destes acordos nas relacións da UE con China.
Os novos acordos
O acordo con Australia atópase en fase de revisión legal e tradución tras pechar os procesos de negociación en marzo de 2026. As previsións sitúan a súa firma oficial a finais de ano. Esta alianza proporciónalle á UE, entre outras moitas cousas, o acceso a mercados de importantes reservas de litio e níquel, esenciais para a construción de baterías, coches eléctricos ou chips. As importacións destes materiais supoñen un alivio estratéxico para que a UE non dependa energéticamente de China.
No caso do acordo con India, asinado en xaneiro de 2026 tras numerosos anos involucrados na negociación e actualmente en proceso de revisión xurídica, sitúase como un dos acordos máis complexos por pechar debido ao proteccionismo de India coa súa economía e a intención dun desenvolvemento gradual.
A potencia manufacturera do devandito país sitúao como un complemento estratéxico nunha cadea de subministracións máis diversificada fronte á función que ten China, que aínda segue actuando como principal centro manufacturero global. No intento da UE de diversificar as súas cadeas comerciais, os prezos alcanzables de India consolídano como unha moi boa opción.
O acordo con México tamén avanzou moito estes últimos meses. En xaneiro de 2025 terminaron as negociacións. Por unha banda, o Acordo Interino de Comercio será asinado e implementado proximamente de maneira provisional ata que se aprobe o Acordo Global Modernizado (AGM) entre a Unión Europea e México. A explicación á existencia de ambos é que o primeiro é competencia exclusiva da UE, non necesita ratificación dos Estados membros, polo que se creou para que entre en vigor da forma máis rápida posible e gozar dos seus beneficios, especialmente das vantaxes arancelarias que facilitan os intercambios comerciais entre México e Europa. Mentres, o AGM, que tamén inclúe o acordo interino, seguirá un longo proceso de aprobación do Parlamento e ratificación dos estados porque é competencia compartida entre a UE e os EM debido aos asuntos que trata sobre transporte e enerxía, entre outros.
O país de Norteamérica conta cunha importante capacidade manufacturera, así como un sector automobilístico potente e a posesión de minerais estratéxicos. Á parte dos beneficios nos mercados mexicanos e os seus produtos, a UE ve neste acordo unha posibilidade de achegarse ao mercado norteamericano sen unha relación directa que lle provoque tensións no enfrontamento Wahington-Pequín, formulación comunmente chamada nearshoring.
Pola súa banda, tras décadas de negociación, o acordo con Mercosur está tamén chegando ás fases de implementación. O Acordo Comercial Interino entrou en vigor o 1 de maio de 2026, co mesmo mecanismo que os mexicanos, dentro do marco do Acordo de Asociación, máis amplo pero que demorará máis en aplicarse. O entendemento entre as partes estivo bloqueado durante anos debido a desacordos nalgunhas cuestións centrais no debate como a dimensión cultural, pero os cambios no contexto dos países asinantes han impulsado a firma final.
A parte máis competitiva dos mercados suramericanos que resulta máis interesante para a UE é a de agricultura, alimentos e metais. Tamén é unha rexión crave para a transición enerxética global. Unha das limitacións deste acordo foi a oposición de sectores agrícolas dalgúns países debido á competencia que os produtos americanos poderían supoñer.
Novas alternativas comerciais
En conclusión, o catro acordos mencionados contribúen á construción dunha rede comercial alternativa na que participan diferentes socios e que reduce a dependencia de China ou calquera outro país. Esta diversificación permite non ser exclusivamente dependente de ningún deles.
Con estes últimos avances, a UE estreitou relacións con socios que, a grandes liñas: encárganse de fornecer recursos, como Australia; achegan escala demográfica e potencia manufactureira, como India; ofrecen materias primas de primeira calidade, como Mercosur; ou lles proporciona reservas de materiais estratéxicos, capacidade manufactureira e achega ao mercado de EE. UU., como México.
Que supón isto para as empresas galegas?
Este proceso no que a Unión Europea traballa ten consecuencias positivas directas sobre as empresas galegas, sexa cal for o seu tamaño e sector. Desde un punto de vista xeral, permiten o acceso a novos mercados, reducindo as barreiras arancelarias e creando importantes oportunidades de exportar desde os sectores máis potentes da economía galega.
Tamén promoven o acceso a materias primas nos países ricos en determinados recursos e xorden novas posibilidades de produción manufacturera para empresas interesadas. Simultaneamente, a subscrición de acordos comerciais con novas rexións amplía a capacidade de captación de novos provedores e rutas comerciais, e impulsa a capacidade e competencia das empresas.
Desde un punto de vista máis específico, este catro acordos favorecen notablemente ás empresas de determinados sectores. O acceso a reservas de litio e níquel que ofrece Australia terá un impacto positivo no sector da automoción, presente sobre todo en Vigo, e da metalurgia, pois se trata de materias primas empregadas en ambos.
O acordo con India permite unha maior diversificación de provedores para importantes empresas na rexión, como as téxtiles, e un novo mercado ao que exportar maquinaria e tecnoloxía para as grandes cadeas manufactureras.
En canto a México, ao ser un país especializado na fabricación de automóbiles, a firma do acordo crea a oportunidade de exportar pezas deste sector e integrarse en novas cadeas norteamericanas de subministración.
O sector da transformación alimentaria será un dos principais beneficiarios do acordo con Mercosur. A rexión ofrece acceso a materias primas para a industria agroalimentaria que deben ser procesadas ao chegar a Europa. Simultaneamente, xurdirán importantes oportunidades de exportación en produtos de alta calidade neste sector, como artigos gourmet ou viño, entre outros. Outra cuestión a destacar é que unha maior actividade comercial con esta rexión americana impulsará o tráfico marítimo, sendo esta a principal vía de intercambio con Europa. Por tanto, grazas á estratéxica posición de Galicia, ao sector naval e o loxístico-portuario xurdiranlles novas oportunidades.
ABANCA e a CEG mobilizan 725 millóns para impulsar a transición enerxética e tecnolóxica das empresas
Ler máis
Contacta coa
CEG