
Seminario Fiscalización de traballadores e empresarios españois con actividade en Portugal – 18/10/2019
A fiscalización é unha das cuestións que máis condicionan as decisións empresariais e as decisións dos traballadores á hora de prestar servizos, circular ou establecerse por outro Estado. Antes de adoptar calquera iniciativa e facer unha estimación xusta da súa rendibilidade, é necesario coñecer as implicacións fiscais desta. España e Portugal, son dous estados veciños que, ademais de pertencer á Unión Europea, teñen un acordo bilateral para evitar a dobre imposición. Non obstante, é necesario coñecer e aplicar o sistema xurídico interno de ambos os países para adoptar as mellores decisións e evitar situacións ou custos imprevistos. O seminario proposto abordará desde a perspectiva da normativa española e portuguesa as implicacións da mobilidade tanto de empresas como profesionais e traballadores, xa sexa con establecemento ou residencia permanente do outro lado da liña ou coa mera prestación de servizos transfronteirizo.
- Confederación de Empresarios de Galicia|Eures
- Unión Europea

Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.