
Seminario A RSE e os obxectivos de desenvolvemento sostible – 14/10/2022
O obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) son unha oportunidade para que as empresas e organizacións amplíen a Responsabilidade Social Empresarial (RSE), iniciativa que constitúe un esforzo global por traducir en algo concreto e medible o desenvolvemento sostible.
A finalidade deste seminario “A responsabilidade social empresarial (RSE), os obxectivos de desenvolvemento sostible e os ámbitos do diálogo social” é:
Facilitar a integración da responsabilidade social das empresas co ámbito do diálogo social.
Adquirir coñecementos sobre a RSE e os obxectivos de desenvolvemento sostible, con especial referencia ao eido das relacións laborais.
Informar sobre a elaboración de memorias e a medición da sostibilidade.
- Confederación de Empresarios de Galicia

Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.