Por que facer negocios no Sueste Asiático?
Celebraremos unha reunión coorganizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración co bufete de avogados Antonio Viñal & Co. Avogados (AVCO Legal), e na cal Antonio Viñal, gran coñecedor do Sueste Asiático, explicaranos cales son, actualmente, as oportunidades de negocio nesta rexión, así como as estratexias a seguir para facer negocios alí ou establecerse no territorio e demais cuestións relevantes relacionadas con este mercado.
Tratarase dunha reunión restrinxida que nos permitirá intercambiar pareceres e establecer un coloquio.
Rúa do Vilar, 54. Santiago de Compostela.
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.
Foro da Prevención do Risco Psicosocial – 31/10/2025
Ler máis