
Panel de Pymes sobre Digital Omnibus 2025
A Comisión Europea está a preparar un novo Paquete Dixital que se presentará a finais deste ano, co obxectivo de simplificar a lexislación dixital existente, reducir cargas administrativas e manter uns estándares de política elevados.
Unha parte central desta iniciativa será a proposta Dixital Omnibus, que introduce modificacións específicas en varias normas co fin de facilitar o cumprimento diario para as empresas, ao mesmo tempo que se estimula a innovación e se garante que o mercado europeo siga sendo aberto e sen barreiras.
Para que estas reformas reflictan de verdade as necesidades e limitacións das empresas e as pemes, a Comisión Europea invita ás empresas que hai que participar neste cuestionario. A súa opinión é fundamental: canto máis real sexa a información trasladada desde o tecido empresarial, maior será a capacidade da Comisión de adaptar as normas á práctica e simplificar alí onde máis impacto ten para os negocios.
O cuestionario está dividido en catro bloques temáticos; entendemos que non todos serán relevantes para todas as empresas, polo que podes responder unicamente a aquelas que consideres de interese.
- Enlace ao cuestionario (español): https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Digital_Omnibus2025
- Data límite: 14 de outubro de 2025
Desde a Confederación de Empresarios de Galicia, como membro da Enterprise Europe Network – EEN GalacteaPlus, animámoste a participar e transmitir a túa visión. A voz das nosas empresas é esencial para que a UE adapte as súas normas á realidade empresarial.
* Só se publicarán os resultados agregados, sen referencia a empresas individuais. A información proporcionada tratarase de maneira confidencial. A consulta e os datos almacenaranse nunha base de datos segura. A este respecto debemos incidir na obrigatoriedade de facilitar a información relativa á identidade da empresa (e-mail de contacto) co fin de poderlles comunicar os resultados que, se é o caso, se obteñan da enquisa. Nunca se utilizarán ou explotarán con outros fins e serán tratados con absoluta confidencialidade.
- Confederación de Empresarios de Galicia
- EEN-GalacteaPlus
- Enterprise Europe Network

Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.

Xornada sobre Novidades no Ámbito Laboral e Orientacións para a Negociación Colectiva – 23/09/2025
Ler máis
BID4TENDERS: Acceso a oportunidades de Contratación Pública na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia – 17/09/2025
Ler máis