Panel de pemes para a Lei de Economía Circular
Como parte do Pacto por unha Industria Limpa, a Comisión Europea está a preparar unha proposta de Lei de Economía Circular para a súa adopción en 2026. Esta lei busca acelerar a transición cara unha economía circular na UE, abordando obstáculos como a falta de oferta e demanda de materias primas secundarias e a fragmentación do mercado único de produtos circulares e residuos.
A presente enquisa ten como obxectivo recoller información de empresas e expertos sobre as posibles repercusións das medidas estratéxicas que se consideran nesta nova lexislación. As respostas axudarán á Comisión Europea a deseñar políticas máis eficaces e adaptadas ás necesidades reais do sector.
As empresas interesadas poden participar completando o formulario antes do 16 de marzo de 2026.
- Confederación de Empresarios de Galicia
- EEN-GalacteaPlus
- Enterprise Europe Network
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.
Consulta pública sobre a Revisión do Novo Marco Lexislativo
Ler máis