gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > O mercado dos Certificados de Aforro Enerxético (CAE): como optimizar os investimentos en eficiencia enerxética?

O mercado dos Certificados de Aforro Enerxético (CAE): como optimizar os investimentos en eficiencia enerxética?

Os Certificados de Aforro Enerxético (CAE) son unha ferramenta para que as empresas poidan recuperar parte dos seus investimentos realizados en eficiencia enerxética, xa que poderán recibir unha compensación vendendo os aforros enerxéticos para a súa posterior certificación mediante o sistema de CAE.

Se a túa empresa realizou ou vai realizar actuacións en eficiencia enerxética e non consideraches aproveitar o sistema dos CAE, convidámosche a participar nesta xornada interactiva na que poderás resolver todas as dúbidas en relación a este novo mercado.

Esta é a primeira xornada dun ciclo de cinco sesións centrado na sustentabilidade, que se desenvolverá no primeiro semestre do ano 2025.

 

Data
21 de xaneiro de 2025
 
Hora
10:00 - 13:00
Lugar
Sede da Confederación de Empresarios de Galicia

Rúa do Vilar, 54. Santiago de Compostela.
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia|EEN-GalacteaPlus|Enterprise Europe Network

Inscripción cerrada

La fecha de inscripción ha finalizado.