
XORNADA SOBRE A INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA) E O TRABALLO EN PLATAFORMAS E OUTRAS NOVIDADES LEXISLATIVAS E XURISPRUDENCIAIS NO ÁMBITO LABORAL
O obxectivo da xornada é a actualización do coñecemento dos/as asistentes nestas materias e outras relacionadas que como novidade apareceron recentemente, como o rexistro de xornada. Abordaranse especialmente os cambios e retos da dixitalización nas relacións laborais.
Tanto o Regulamento Europeo de IA, que supón a primeira normativa reguladora do devandito ámbito, como a Directiva (UE) 2024/2831 do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2024, relativa á mellora das condicións laborais no traballo en plataformas, supoñen retos para a súa aplicación no ámbito empresarial. A xornada ten como obxectivo incidir especialmente nestes contidos, para mellorar a capacitación nas devanditas materias das persoas que traballan no ámbito das relacións laborais.
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
- Confederación de Empresarios de Galicia



Formulario de inscrición

Foro Empresarial “Oportunidades de cooperación e investimento entre empresas galegas e chinesas” – 29/09/2025
Ler máis
Panel de Pymes sobre Digital Omnibus 2025
Ler máis