gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Información corporativa de sustentabilidade: incentivos para adoptar medidas ASG na peme

Información corporativa de sustentabilidade: incentivos para adoptar medidas ASG na peme

A Directiva relativa á presentación de información sobre sustentabilidade por parte das empresas establece novos requisitos en materia de presentación de información sobre sustentabilidade que inicialmente as grandes empresas e as pemes cotizadas terán que publicar de forma periódica. 

O cumprimento da CSRD introducirase gradualmente entre 2024 e 2029, polo que é importante que as empresas que non estean obrigadas a curto prazo comecen a prepararse e incorporen un sistema de información para recompilar e tratar os datos sobre sustentabilidade, ademais de establecer procesos de presentación de información periódicos. 

Para iso, organizamos esta xornada co fin de coñecer os beneficios e facilitar información ás empresas para unha correcta adaptación a esta normativa. Contaremos con distintos expertos que abordarán a forma de implementar un sistema de información de sustentabilidade na empresa, nos facilitarán información sobre os novos requisitos para a presentación dos informes non financeiros, así como os incentivos publicados polo Igape para impulsar medidas de implantación dos criterios ASG nas pemes.

Data
16 de xullo de 2024
Hora
11:55h a 13:00h
Lugar
Xornada virtual
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia|EEN-GalacteaPlus|Enterprise Europe Network

Inscripción cerrada

La fecha de inscripción ha finalizado.