
Foro Empresarial “Oportunidades de cooperación e investimento entre empresas galegas e chinesas” – 29/09/2025
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en colaboración con SW SPAIN, firma pertencente á REDE SWI, líder en servizos profesionais en China e Asia, e cunha ampla traxectoria na prestación de servizos de auditoría, consultoría, legal e fiscal, organiza xunto coa Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela o Foro Empresarial “Oportunidades de cooperación e investimento entre empresas galegas e chinesas”, que se celebrará o próximo 29 de setembro no Hostal dos Reis Católicos, de Santiago de Compostela. Este Foro Empresarial que contará coa participación do Embaixador da República Popular China en España, Excmo. Sr. D. Yao Jing, pretende ser un punto de encontro para identificar sinerxias, explorar novas alianzas e xerar oportunidades de cooperación e investimento entre Galicia e China.
China, primeiro subministrador de España e socio crave no comercio internacional, representa unha oportunidade de extraordinario interese para as empresas galegas pola súa relevancia nos fluxos comerciais e investidores a nivel global. Este Foro Empresarial pretende ser un punto de encontro para identificar sinerxias, explorar novas alianzas e xerar oportunidades de cooperación e investimento entre Galicia e China.
Santiago de Compostela

Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.

Panel de Pymes sobre Digital Omnibus 2025
Ler máis
Xornada sobre Novidades no Ámbito Laboral e Orientacións para a Negociación Colectiva – 23/09/2025
Ler máis