Curso práctico Construción de Políticas de Transparencia Salarial e Igualdade Retributiva (implantación na empresa da Directiva UE 2023/970) – Teleformación
A finalidade deste curso é capacitar ao alumnado no deseño, implementación e análise de políticas de igualdade retributiva e transparencia salarial nas organizacións, integrando coñecementos normativos, técnicos e estratéxicos cunha perspectiva de xénero e equidade.
- Comprender o marco normativo vixente en materia de igualdade retributiva e transparencia salarial, incluíndo o Real Decreto 902/2020, o Estatuto das persoas traballadoras e a Directiva UE 2023/970, así como as súas implicacións legais e estratéxicas para as organizacións.
- Identificar as obrigacións empresariais en materia de información salarial, rexistro retributivo, auditoría retributiva e publicación de brechas salariais.
- Aplicar métodos de valoración obxectiva e cuantitativa de postos de traballo, para a construción de estruturas salariais equitativas.
- Deseñar e interpretar rexistros retributivos, delimitando adecuadamente os conceptos salariais e extrasalariales, o período de referencia e os criterios de análise, adaptando os informes aos distintos interlocutores/as da organización.
- Desenvolver auditorías retributivas completas, mediante a recompilación e análise de datos, a identificación de factores que explican diferenzas retributivas e a elaboración de plans de actuación para corrixilas.
- Construír estruturas salariais coherentes cos principios de equidade interna e competitividade externa.
- Integrar a avaliación do desempeño e a definición de competencias nos modelos retributivos, asegurando a súa aliñación con criterios obxectivos de promoción interna e decisións de incremento salarial.
- Adquirir ferramentas para unha comunicación eficaz e transparente das decisións retributivas.
- Aplicar os coñecementos adquiridos mediante a análise e resolución de casos prácticos.
Lugar
Modalidade: Teleformación
28 horas síncronas
47 horas asíncronas
28 horas síncronas
47 horas asíncronas
Organiza
- Confederación de Empresarios de Galicia
Co financiamento de
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.
Tamén lle pode interesar
14 de Xaneiro de 2026
Revisión do marco lexislativo sobre contratación pública da UE
Ler máis
14 de Xaneiro de 2026
Consulta sobre o Principio de Recoñecemento Mutuo de Mercadorías no Mercado Único da UE
Ler máis
28 de Novembro de 2025