Contratación e xestión da mobilidade de traballadores nacionais de terceiros países
A Confederación de Empresarios de Galicia organiza esta xornada para abordar as dificultades que as empresas da Eurorrexión levan tempo percibindo á hora de contratar persoas traballadoras.
Con este propósito presentarase a nova ferramenta do Servizo Público de Emprego de Galicia para unha mellor sincronización da oferta e demanda de emprego. Tamén se abordará a normativa vixente para a contratación e xestión da mobilidade laboral de cidadáns de países terceiros.
Finalmente, os representantes dos sectores con maior mobilidade na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal compartirán as particularidades e dificultades que afrontan as empresas para atopar os perfís adecuados aos postos que necesitan cubrir.
Programa da xornada
- Confederación de Empresarios de Galicia|Eures
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.
Xornada “O novo Marco Financeiro Plurianual 2028-2034” – 05/12/2025
Ler máis
Keynote empresarial “Voces que inspiran” – 04/12/2025
Ler máis