gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Consulta pública sobre a futura Lei de Servizos de Construción
ImagenConsultaConstruccion

Consulta pública sobre a futura Lei de Servizos de Construción

A Comisión Europea anunciou que a Lei de Servizos de Construción se adoptará no segundo trimestre de 2026, tal como se recolle no seu Programa de Traballo Anual.

O obxectivo desta iniciativa é reducir as barreiras ao acceso transfronteirizo dos servizos de construción e instalación, así como impulsar unha oferta maior e máis rápida de vivendas alcanzables, sustenbles e dignas en toda a Unión Europea. A proposta respalda os obxectivos do Plan Europeo de Vivenda Asequible e da Estratexia Europea para a Construción de Vivendas.

Neste contexto, a Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes (DG GROW) lanzou unha consulta sobre esta futura proposta de Regulamento.

A iniciativa aborda a libre circulación dos servizos de construción no mercado interior, un ámbito en que a UE comparte competencias cos Estados membros. As diferenzas entre as regulacións nacionais actuais xeran barreiras que dificultan o bo funcionamento do mercado único, polo que se considera necesaria unha acción coordinada a nivel europeo para fomentar o comercio intracomunitario destes servizos.

As persoas interesadas poden compartir as súas opinións aquí ata o 20 de abril de 2026.

Data
Ata o 20 de abril de 2026
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia
  • EEN-GalacteaPlus
  • Enterprise Europe Network

Inscrición cerrada

A data de inscrición finalizou.