Ciclo En liña Contratación Pública en España. Workshop 2. “Sistemas de racionalización da contratación pública: acordos marco, sistemas dinámicos e contratación centralizada” – 21/04/2026
Queres mellorar as túas oportunidades na contratación pública?
A CEG organiza, no marco do proxecto Bid4tenders, un ciclo en liña de 6 workshops prácticos sobre contratación pública en España durante os meses de abril, maio e xuño; dirixidos a empresas, profesionais e entidades interesadas en acceder ao mercado público.
A quen vai dirixido? A pequenas e medianas empresas que non contan con experiencia en contratación pública e desexan iniciarse neste ámbito, así como a aquelas que, tendo xa coñecementos previos, buscan perfeccionalos, amplialos e mellorar o seu posicionamento no mercado público.
Ao longo das sesións aprenderás como identificar oportunidades e participar en licitacións públicas, preparar a documentación necesaria e deseñar ofertas máis competitivas, así como xestionar de forma eficaz a execución dos contratos públicos.
Cada workshop terá 1 hora de contidos teóricos e 30 minutos de exercicios prácticos, exemplos reais e resolución de dúbidas para que poidas aplicar o aprendido de forma inmediata.
Unha oportunidade para entender mellor o sistema de contratación pública e mellorar as túas posibilidades de éxito nas licitacións.
A asistencia é gratuíta, pero é necesaria a inscrición.
Títulos dos talleres:
- Transformación dixital na contratación pública: expediente electrónico, datos abertos e IA.
- Sistemas de racionalización da contratación pública: acordos marco, sistemas dinámicos e contratación centralizada.
- As claves da preparación da documentación: administrativa, técnica e económica.
- Avaliación técnica nas licitacións: memorias, criterios e estratexia.
- A estratexia económica nas licitacións: desagregación de custos, baixas temerarias e criterios automáticos mediante fórmulas.
- Execución e riscos nos contratos públicos: revisión de prezos, modificacións, penalidades e impugnacións.
Workshop 2. “Sistemas de racionalización da contratación pública: acordos marco, sistemas dinámicos e contratación centralizada”
Martes, 21 de abril de 2026 | En liña
15:30h | Teoría (1h)
- Que son os acordos marco e como funcionan
- Sistemas dinámicos de adquisición
- A contratación centralizada
- Os contratos menores como excepción
16:30h | Práctica e dúbidas (30 min)
- Exemplo de procura de oportunidades
- Análises dun caso real
- Preguntas de participantes
- Confederación de Empresarios de Galicia
Formulario de inscrición
Xornada “Empresas que transforman territorios: o papel das Empresas de Tamaño Intermedio (ETI)” – 21/04/2026
Ler máis