
BID4TENDERS: Acceso a oportunidades de Contratación Pública na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia – 17/09/2025
Sabía que cada ano as entidades públicas en España gastan máis de 700.000 millóns de euros na adquisición pública de bens, servizos e obras?
Con todo, a realidade é que moitas empresas galegas aínda se atopan con diversas barreiras no acceso a estas oportunidades e ao coñecemento necesario para aproveitalas.
No contexto actual, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración coa Confederación Empresarial de Ourense (CEO), celebrará unha xornada o próximo 17 de setembro de 2025. O evento terá lugar na sede da CEO e o seu obxectivo é impulsar un cambio de mentalidade e actitude en relación coa contratación pública.
Queremos compartir experiencias de empresas que xa participaron con éxito en concursos públicos, promover as actividades que facilitan este acceso e abrir un espazo para resolver todas as súas dúbidas.
Ademais, esta xornada incluirá un workshop práctico enfocado en dotar aos participantes dos coñecementos, ferramentas e estratexias necesarias para navegar eficazmente nos procesos de contratación pública, desde a identificación de oportunidades ata a execución de contratos.
Neste workshop, baixo a temática “Como identificar e corrixir os erros máis comúns nas candidaturas a concursos públicos”, abordaranse os seguintes tópicos:
- Principal documentación e formalidades asociadas aos concursos.
- Aliñamento da proposta aos requisitos dos concursos.
- Identificación de inconsistencias técnicas e financeiras e erros máis comúns.
- Estratexias de organización procesual.
Por que participar?
A contratación pública representa unha fonte de negocio de miles de millóns de euros en oportunidades cada ano, e as empresas galegas teñen o potencial de acceder a unha parte significativa deste mercado. Co coñecemento e as estratexias adecuadas, pode posicionarse á vangarda, expandir os seus negocios e diversificar a súa clientela.
Non perda esta oportunidade única de facer networking con outras empresas, aprender de especialistas en contratación pública e dar o pistoletazo de saída para máis (e mellores) negocios a través dos concursos públicos.
Praza das Damas, 1, 32005 Ourense
- Confederación de Empresarios de Galicia
- Confederación Empresarial de Ourense

Formulario de inscrición

Descarbonización e Economía Circular na Industria – 03/07/2025
Ler máis