
A CEG adhírese á campaña de Cáritas polos efectos da DANA
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a través do Arcebispado de Santiago de Compostela, adhírese á campaña que Cáritas ten aberta para dar resposta á situación de emerxencia xerada polas recentes inundacións no Levante español.
As tres dioceses afectadas polos efectos da DANA: Cuenca, na localidade de Landete, Albacete, en Letur e especialmente as localidades da diocese de Valencia, serán as receptoras dos fondos recadados a través das doazóns das empresas asociadas á Confederación de Empresarios de Galicia.
As peores inundacións do século en Valencia, Albacete e Cuenca deixaron tras de si decenas de persoas falecidas, vivendas, negocios destruídos e o caos nos pobos e cidades afectadas. As familias que o perderon todo enfrontan agora a dura tarefa de recompoñer as súas vidas e volver á súa día a día e para iso Cáritas está a traballar para apoiar ás zonas máis afectadas e atender ás persoas damnificadas.
O teu apoio, a través de doazóns económicas, terá un impacto directo nas vidas daqueles que hoxe sofren as consecuencias desta catástrofe natural, axudando a reconstruír os fogares e a esperanza en quen sufriu as peores consecuenciass.
Con esta demostración de responsabilidade social das empresas galegas reafírmase o seu compromiso como axentes de cambio, líderes no apoio ás súas comunidades e colaboradoras imprescindibles no intento por paliar os efectos dunha catástrofe sen precedentes que deixa comunidades esnaquizadas e vidas perdidas.
As doazóns dos asociados da CEG poden facerse a través das contas que Cáritas ten abertas para este fin, indicando no concepto “C.E.G. DANA” e o NIF da empresa, para poder certificar a doazón e acceder á correspondente desgravación fiscal.
Abanca ES18 2080 0319 6030 4000 8096
Banco Sabadell ES21 0081 2130 4300 0103 7210
Banco Santander ES44 0049 2584 9210 1001 7670

Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.