CEG

 

Xunta, patronal e UGT e CCOO seguen avanzando no Diálogo Social

Representantes das tres partes do Diálogo Social durante unha reunión hai uns mesescial durante una reunión hace unos meses

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde; o conselleiro de  Facenda, Valeriano Martínez; e a conselleira de  Emprego, María Jesús Lorenzana, mantiveron esta mañá unha reunión virtual con Antonio Fontenla, en representación da CEG, e cos representantes de UXT e CCOO no marco das reunións periódicas para seguir avanzando no Diálogo Social e solicitar as achegas dos axentes sociais e económicos para deseñar os mecanismos óptimos para a reactivación da economía e do emprego tras a pandemia.

Por parte do Executivo galego espérase que a futura Lei de reactivación económica traslade estabilidade e confianza ao tecido empresarial, actuando sobre dúas frontes: a simplificación administrativa e o apoio ao investimento. Así, entre outros aspectos, establécese un prazo xeral de 3 meses para emitir informes vinculados á Administración autonómica, aplicarase o silencio administrativo positivo e amplíanse os supostos de iniciativas empresarias prioritarias e proxectos industriais estratéxicos. De feito, recibirán esta categoría as propostas de Galicia que sexan seleccionadas polo Goberno para optar aos fondos europeos  Next  Generation.

Para a patronal galega -para quen é esencial realizar un traballo permanente de proposta de medidas, de avaliación de impacto, de resultados e modificación ou proposición das mesmas en función da situación que estamos a atravesar-; destaca a necesidade de identificar proxectos tractores para o acceso aos fondos europeos dispoñibles, que  pivoten sobre as tres seguintes áreas: Transición ecolóxica, Transición Dixital e Reindustrialización; á parte de traballar nos ámbitos prioritarios da competitividade empresarial; as  politicas de emprego e o reforzo dos servizos públicos, tal e como se acordou na Declaración para a reactivación económica e social de Galicia, asinada o pasado 23 de setembro de 2020.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.