CEG

 

Unha xornada para visibilizar a presenza das mulleres en sectores e postos de traballo tradicionalmente masculinizados

Unha xornada para visibilizar a presenza das mulleres en sectores e postos de traballo tradicionalmente masculinizados

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou unha xornada para visibilizar a presencia de mulleres en sectores e postos de traballo tradicionalmente masculinizados.

Dende a CEG destacaron que "a maioría das empresas manifestan ter dificultades para encontrar o persoal cualificado que precisan no seu ciclo produtivo, feito que contrasta cos datos do desemprego e con que unha parte das ocupacións sigan a ter un sesgo masculinizado, polo feito de que ás mulleres non as contemplan no momento de decidir sobre as súas ocupacións". 

Dentro da xornada, chamouse a atención sobre a necesidade de "incrementar a formación e información e a importancia dunha maior coordinación das empresas cos centros de formación e educación, para mellorar a igualdade e afondar na visibilidade de mulleres referentes en sectores masculinizados, para reverter esta situación, que se ben é certo está a mudar, faino moi pausadamente".  

Pola súa parte, a secretaria xeral de Igualdade, Sandra Vázquez, aludiu á importancia deste tipo de xornadas e destacou as iniciativas da Xunta de Galicia no eido da conciliación corresponsable.

Nas tres mesas nas que estaba organizada a xornada, relatáronse as experiencias de mulleres que traballan. no día a día, en sectores e labores tradicionalmente ocupadas por homes.

Na primeira, coordinada por Patricia Davila Souto (CEP), abordouse o sector mineiro e contouse coas experiencias aportadas pola directora de Calidade e Laboratorio de ARIDOS DO MENDO e as palistas de GRUPONOSA, Manuela Torrado Coto, Sandra Suárez Sierra e  Fátima Torrado Coto.

Na segunda mesa, coordinada por Pilar Pallín Lombao (CEC), adicouse ao sector do metal, coas intervencións de Jonathan Balay Marta, director de Persoas e Equipos de ARCE CLIMA; Celia Blanco Bello, técnica de mantemento da mesma empresa; Katia Costas González, soldadora en ECOFOREST; Geni París Bouzas da Asociación ASINEC; e Marisa Fernández Mosquera, de MONTAJES AS PONTES, instaladora eléctrica e empresaria.

A última das mesas, moderada por María de  Miguel (CEO), foi adicada ao sector mecánico e do motor coa intervención de Judith Castro Pose, pintora en automoción da empresa ARROJO AUDI (Grupo Pérez Rumbao); Noa Bouzón Taibo, xefa de taller en EUROMASTER; Raquel Calvo Ferreiro, fresadora do Grupo STELLANTIS) e Carmen Fernández Díaz, directora de estación ITV en SYC ITV – APPLUS.

A devandita xornada foi organizada polo Gabinete Técnico de Igualdade da CEG, en colaboración coas Confederacións provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e no marco das accións desenvolvidas ao abeiro do proxecto do gabinete técnico, que conta co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

A sesión inaugural estivo a cargo do secretario xeral adxunto da CEG, José Manuel Maceira Blanco, e da coordinadora do Gabinete de Igualdade da CEG; Lucía Rial Pampín. A clausura contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez Domínguez.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.