CEG

 

Sabadell Gallego e a CEG renovan o seu convenio de colaboración co obxectivo posto na sostibilidade das empresas 

Sabadell Gallego e a CEG renovan o seu convenio de colaboración co obxectivo posto na sostibilidade das empresas 

Sabadell Galego e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) renovan un convenio de apoio ao empresariado, mediante o cal se achegará ás empresas galegas solucións de financiamento específicas para investimentos en materia de sostibilidade.

Grazas ao documento ponse a disposición das empresas galegas solucións de financiamento específico para investimentos con aplicación sostible, na que o uso dos fondos é o criterio para determinar a natureza verde ou social, así como tamén a calquera tipo de financiamento que incentive á empresa o logro de obxectivos de sostibilidade con incorporación de métricas materiais en ESG, o que lles permitirán beneficiarse de condicións preferentes.

Segundo Pablo Junceda, director xeral de Sabadell Galego e director xeneral adxunto de Banco Sabadell, afirma que "a nosa vocación son as empresas, polo que todo o que mellore a capacidade de crédito e financiamento das empresas, pemes e autónomos galegos, é bo para nós e bo para Galicia. Loxicamente miramos con moito agarimo os proxectos sostibles, pois Sabadell Galego é unha empresa sostible".
 
Pola súa banda, presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, asegura que este acordo busca apoiar o crecemento das empresas galegas, con especial atención e co obxectivo posto na sostibilidade ambiental, a innovación e a transformación dixital. 

"As empresas galegas, cada vez máis, son conscientes da necesidade de implementar estratexias sostibles para reducir o seu impacto no medio ambiente e cumprir coas regulacións ambientais. O apoio financeiro neste aspecto permite ás empresas galegas acceder a recursos económicos para investir en tecnoloxías limpas, eficiencia enerxética, xestión de residuos e outras iniciativas que fomenten a sostibilidade ambiental. Isto proporciónalles unha vantaxe competitiva e axúdalles a aproveitar as oportunidades que ofrece a economía dixital", sinala Vieites.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.