CEG

 

Pedro Rey Vera e José Manuel Díaz Barreiros acordan compromiso de lealdade, disposición e colaboración ao que salga elixido Presidente da CEG o vindeiro día 24 de novembro

Candidatos Presidencia CEG

Pedro Rey Beira e José Manuel Díaz Barreiros acordan compromiso de lealdade, disposición e colaboración ao que salga elixido Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) da Asemblea Xeral Electoral, que se celebrará o vindeiro martes, día 24 de novembro; tras unha reunión de traballo mantida polos dous aspirantes esta mañá na sede da organización en Santiago de Compostela.

Durante o encontro, Rey Beira e Díaz Barreiros, representantes da organización empresarial sectorial e da confederación empresarial provincial, contrastaron programas electorais, chegando á conclusión de que comparten a maioría dos seus puntos, e que -á marxe de  nimias diferenzas de criterio e interpretación-, están no camiño de alcanzar un proxecto único e consensuado.

Ambos os candidatos coinciden en que a reunión foi moi frutífera para lograr a tan ansiada e demandada polo tecido produtivo galego “unidade e estabilidade empresarial”.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.