CEG

 

Os empresarios galegos condenan enérxicamente a invasión de Ucrania

Guerra en Ucrania

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) condena enerxicamente a invasión que Rusia está a despregar sobre Ucraína, en primeiro lugar polo impacto directo sobre a sociedade civil ucraína que xa está a pagar as consecuencias do conflito co máis valioso: a vida dos seus cidadáns.

Pero ademais das vítimas mortais e os feridos, moitos miles de persoas perderon xa as súas casas, os seus negocios e os seus empregos, víronse obrigados a separarse das súas familias e a renunciar sine die aos seus proxectos.

En definitiva, un terrible dinámica que a patronal galega espera que sexa revertida canto antes e recupere o equilibrio sobre o que construímos a Europa dos últimos 80 anos.
A organización empresarial galega móstrase tamén especialmente preocupada polas nefastas consecuencias que terá o conflito armado no escenario económico, xa que se abriu un escenario incerto.  Desta forma, teme resultados no ámbito enerxético, polo que pode supoñer para a evolución dos prezos e  os abastecementos, así como para o comportamento dos mercados en xeral, sempre inimigos da inestabilidade e a incerteza.

Ademais, a CEG lembra que hai que ter en conta que España e Galicia dependen de Ucraína –o celeiro de Europa- no que a determinados cereais -trigo, millo ou cebada, entre outros-, refírese.  E é que un corte de subministracións supoñería outro freo na recuperación para este sector.

Igualmente, a Confederación de Empresarios de Galicia móstrase alarmada polas posibles consecuencias da guerra para a industria galega.

Así as cousas, a CEG fai un chamamento ás autoridades europeas e españolas para que sexan precisos na definición  e informen da maneira máis detallada e actualizada posible sobre as sancións impostas a Rusia así como das medidas de apoio que establezan para  minorar as consecuencias nas economías motivadas polo conflito armado.

A CEG considera que neste momento débese priorizar o diálogo e a diplomacia co fin de que se restaure a paz, a seguridade e a estabilidade económica en Europa o máis axiña posible.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.