CEG

 

O Consello Asesor da CEG analiza os cambios no mercado de traballo á luz das transformacións económicas actuais e das novas relacións laborais

Reunión Consello Asesor con Fátima Báñez
Reunión Consello Asesor con Fátima Báñez
Reunión Consello Asesor con Fátima Báñez

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) congregou esta mañá en Santiago de Compostela aos representantes das empresas do seu Consello Asesor para abordar os cambios no mercado de traballo á luz das transformacións económicas actuais e das novas relacións laborais no mundo post covid-19, nun encontro que contou coa intervención de Fátima  Báñez, presidenta da Fundación  CEOE, como protagonista.

Juan Manuel Vieites, presidente da organización empresarial galega, foi o encargado de abrir esta reunión na que participaron tamén a directora  xeral de  Emprego,  Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; representantes das empresas  Gadisa, Jealsa Rianxeira, Leite Río,  Luckia,  Vegalsa,  Civis Global, Abanca,  Feuga,  Carrefour,  Accenture, Mercadona, O Corte Inglés,  R, Santander,  G12, Ence e Congalsa; así como tamén o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla; e representantes das patronais sectoriais como os presidentes de  CEGASAL,  FEGACONS e  FEGAXE-AJE Galicia, José Antonio Vázquez Freire, Diego Vázquez Reino e Luciano Covelo, respectivamente; o vicepresidente de  CEPAP-Galicia, Pedro Rey; e os secretarios xerais de ASIME, FEGATRAMER,  FEGAPE E  ACIGA, Enrique  Mallón, José Carlos García Cumprido, David  Sobral e Rogelio Villar, respectivamente.  Durante a súa intervención puxo de relevo o “punto de inflexión no que se atopa o noso mercado de traballo”, no que “conflúen numerosos cambios e retos avivados pola introdución da robótica, da intelixencia artificial e o Internet das cousas, así como tamén pola necesaria transición enerxética”.

Así as cousas, e segundo Vieites, ábrense moitas oportunidades para quen se adapte ás novas esixencias. “As propias empresas e os gobernos deben facer investimentos para desenvolver unha forza laboral máis cualificada”. Neste sentido, destacou “a oportunidade que supón tanto o importante volume de recursos dispoñibles a través dos Fondos  Next  Generation como a posta en marcha en Galicia da  Axenda  Galega de Capacidades como ferramenta que persegue esa mellora”.

Finalmente Vieites apelou á constitución dun novo modelo de relacións laborais baseado na mellora da competitividade sobre incrementos da produtividade, apoiado nun maior investimento en I+D+i e no desenvolvemento da formación profesional das persoas traballadoras, así como en medidas de flexibilidade interna e en cuxa liña se orienta a nova Lei de Reforma Laboral de 2021”.

A continuación tomou a palabra a conselleira de  Emprego e  Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana, quen se referiu ás políticas activas de emprego postas en marcha polo Executivo galego para que o mercado laboral na comunidade adáptese ás novas necesidades empresariais.

Fátima  Báñez, presidenta da Fundación  CEOE, pechou o encontro –que deu paso a un coloquio cos demais asistentes- cunha intervención sobre “A xestión de persoas #ante as novas transformacións económicas e as relacións laborais” na que puxo o foco no principal obxectivo que temos a curto prazo, “consolidar entre todos a recuperación económica”; @teniendo en cuenta dúas “ameazas claras no ámbito económico” como son “a inflación”, a cal “debemos evitar que se converta en estrutural” e para iso por unha banda “os gobernos deben tomar decisións de maneira urxente coas baixadas de impostos” e por outro “debe haber un acordo cos axentes sociais para a moderación salarial”. A segunda ameaza é “que se manteña a confianza no mundo empresarial”, xa que necesitamos que se manteñan as decisións de investimento das empresas e de consumo das familias. “Na colaboración público-privada eficiente é onde nos xogamos realmente a recuperación real”, apostilou a presidenta da Fundación  CEOE.

“Europa marcou como debe ser esa saída da crise e esa consolidación da recuperación –explicou  Báñez-, que debe traer unha economía máis competitiva e que faga fronte ás grandes transformacións económicas e sociais”. Para iso, e segundo a presidenta da Fundación  CEOE, “debemos reactivar a industria española, incrementar o noso crecemento potencial, propiciar un clima favorable aos empresarios, corrixir os desequilibrios económicos, conseguir a adecuación de perfís ás demandas do tecido produtivo -xa que é clave para alcanzar un alto nivel de emprego-, e xestionar a mellora e retención do talento a través da formación permanente”.

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.