CEG

 

O ciclo informativo da CEG sobre compliance abordou os delitos susceptibles de imputárselle á persoa xurídica

O ciclo informativo da CEG sobre compliance

O ciclo de sesións informativas en materia de compliance organizadas pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), deu comezo, esta mañá, en Santiago de Compostela.

Está acción iniciou de forma moi dinámica e práctica, porque, segundo explica a CEG, o obxectivo é que autónomos, as pequenas e micro empresas coñezan os beneficios de contar cun programa de compliance, cales son os pasos a seguir para a súa implantación e que aspectos serán clave para o éxito. 

Dende a Confederación sinalan que esta xornada arrancou analizando a cantidade de delitos susceptibles de imputárselle ás persoas xurídicas, algúns moi específicos e moitos outros de carácter transversal. Por iso, neste ciclo informativo abordouse a importancia de contemplalos todos e as empresas deron os primeiros pasos para a implantación dun sistema de compliance.

As temáticas nas que se afondou foron a responsabilidade penal das persoas xurídicas e compliance e o contido do sistema de compliance, da man de Alberto García Ramos, avogado e socio de Cremades & Calvo-Sotelo Abogados e Juan Pablo Lerena Roca, director de Lerenaroca Abogados.

O ciclo continuará o día 30 de marzo.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.