CEG

 

Numerosas iniciativas solidarias galegas forman parte do proxecto “Empresas que axudan” de CEOE

Iniciativas solidarias

A Confederación Española de Organizacións Empresariais ( CEOE) pon en marcha o proxecto ‘EMPRESAS QUE AYUDAN’ co obxectivo de coordinar, a través da súa Fundación, as iniciativas solidarias que parten das empresas para contribuír a facer fronte á crise do  COVID-19.
Diferentes empresas galegas en particular e españolas en xeral quixeron implicarse desde o primeiro día na xestión desta crise, con distintas iniciativas e achegas solidarias, polo que a Fundación  CEOE quixo tamén poñer os seus recursos ao dispor desta vontade colaborativa, de forma que multiplique a súa eficacia, articulando ofertas e atendendo ao maior número posible de necesidades.
O proxecto buscar cubrir necesidades como material sanitario de natureza variada para protexer ao persoal sanitario e pacientes; así como outros precisos para socorrer á poboación, que poden ir desde colchóns, mantas, alimentación, transporte, etc.
Este proxecto desenvolverase a través da Fundación  CEOE —aínda que neste labor envorcarase toda a estrutura da Confederación—, que desenvolverá un labor de intermediación entre os beneficiarios que lle comuniquen as súas necesidades e as empresas ou persoas físicas relacionadas co mundo empresarial que desexan colaborar na obtención, directa ou indirecta, de produtos e servizos.

PAPEL DA CEG

Pola súa banda, a CEG actúa de  canalizador deste tipo de iniciativas xurdidas no territorio galego para que entren a formar parte do mencionado proxecto, podéndolles dar así a súa correspondente visibilidade. Así é que, á marxe do noso labor particular neste sentido, se es unha compañía que levaches a cabo algunha acción solidaria para loitar contra os efectos do coronavirus e queres formar parte de “Empresas que axudan”, ponche en contacto connosco a través do número 600.966.317 ou do correo electrónico comunicación. ceg17@ gmail. com.

  

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.