CEG

 

Juan Manuel Vieites eloxia o modelo de Cegasal na súa visita a Trameve e Coregal

Visita a Trameve
Visita a Coregal

O presidente dos empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, visitou este mediodía en Santiago de Compostela dous das empresas de economía social que forman parte de Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro ( Cegasal):  Trameve e  Coregal. Da man do presidente de  Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, Vieites coñeceu de primeira man o labor que realizan ambos os centros de reciclaxe sostible, o primeiro dedicado ao tratamento de pezas e coches fóra de uso e o segundo centrado na xestión integral de calquera tipo de residuo.

O presidente da CEG valorou o labor que realizan os centros de iniciativa social pola súa capacidade de xerar emprego inclusivo e que dan resposta á demanda real do dereito fundamental do traballo para as persoas con discapacidade “en liña coa débeda que temos toda a sociedade coas mesmas”, sinalou. Desta forma, Juan Manuel Vieites puxo de manifesto o apoio absoluto da patronal á actividade que desprega esta organización de economía social multisectorial.

Pola súa banda, José Antonio Vázquez destacou a aposta de  Cegasal hai xa 25 anos por un modelo económico sostible e solidario, “cando non era o habitual”, e subliñou o esforzo realizado nestes tempos de pandemia “porque, aínda que estamos a traballar menos e facturando menos, coidamos os postos de traballo, tentando que os traballadores en  ERTE sexan os menos posibles”. Vázquez Freire, que agradeceu a Juan Manuel  Viéites que entre as súas primeiras visitas desde que accedeu ao cargo de presidente da CEG incluíse a  Trameve e  Coregal, explicou que grazas á posta en marcha dun estrito protocolo sanitario e dunhas medidas de seguridade “excepcionais” conseguiuse limitar ao mínimo o número de  contagios, que non chegou aos 50 de entre máis de 1.500 traballadores. 

Cegasal, pioneira no modelo de economía social

A Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro fundouse hai 23 anos e, desde entón, percorreu un longo camiño, sendo pioneira na promoción das empresas de iniciativa social e fomentando a incorporación ao mercado laboral das persoas con discapacidade. Un total de 32 centros son os que conforman hoxe en día a asociación que preside José Antonio Vázquez Freire e abarcan numerosos sectores como alimentación, téxtil, xardinería, artes gráficas, xoiería, mantemento e lavandería, entre outros. No seu conxunto, estes centros empregan a máis de 1.500 traballadores, máis dun 98% con discapacidade, dos que un 40% son mulleres. 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.