CEG

 

Clausura do XVIII Encontro Galego de Relacións Laborais

Integrantes grupo de traballo XVIII Encontro Galego de Relacións Laborais
Antonio Fontenla nun momento da intervención

Antonio Fontenla, representante da Xunta de Vicepresidentes da CEG, clausura o XVIII Encontro Galego de Relacións Laborais, que nesta ocasión versou sobre as novas tecnoloxías no mercado laboral.
Durante dous días, o Consello Galego de Relacións Laborais congregou no Parador de Baiona a distintas organizacións sociais e empresariais de Galicia para concluír como se presenta o futuro do traballo e do emprego na comunidade galega; así como cales son as ameazas e as oportunidades que introducen as novas tecnoloxías no ámbito laboral, e tamén si estas realidades da industria 4.0 supoñen ou non unha nova oportunidade para a redución da discriminación por razón de xénero no ámbito laboral, entre outras cuestións. 
E é que a ninguén se lle escapa que estamos asistindo a un verdadeiro tsunami tecnolóxico, pola rapidez -nunca antes vista na historia da humanidade-, coa que os adiantos tecnolóxicos irrompen na sociedade e se expanden por todo o planeta.
Segundo Antonio Fontenla, e concretamente no campo do emprego, “esta chamada `Cuarta Revolución Industrial´ cambiou e seguirá cambiando de forma radical todo o proceso laboral, establecendo novos retos tanto a nivel organizacional como profesional e persoal”.

Importancia da formación

O representante da Xunta de Vicepresidentes da patronal galega considera que “todos temos que facer un esforzo: as empresas impulsando a formación continua dos seus cadros de persoal; as organizacións empresariais e sindicais traballando coa Administración para deseñar programas de formación que se adecúen o máis posible ás necesidades do mercado, así como empregando tamén a negociación e os convenios colectivos para axudar a avanzar en positivo nos ámbitos comentados; e como non, os traballadores ou os que están buscando traballo, que deben estar atentos á evolución dun mercado laboral en constante cambio e ao mesmo tempo, seguir formándose para mellorar as súas capacidades e pericias”.
 

 


 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.