CEG

 

As empresas Nueva Pescanova e Corporación Hijos de Rivera entran a formar parte do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia

Empresas do Consello Asesor

As empresas Nova Pescanova e Corporación Hijos de Rivera acaban de entrar a formar parte do Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Así, representantes destas dúas compañías galegas integraranse no órgano consultivo da patronal galega e no que xa están incluídas alganas das principais empresas de Galicia como son Abanca, Caixa Bank, Civis Global, Congalsa, Copasa, O Corte Inglés, Ence, Fundación Empresa-Universidade Galega ( FEUGA), Fundación Inade, Gadisa, Jealsa Rianxeira, Leite Río, Luckia Gaming Group, Mercadona, Grupo Nogar, Banco Sabadell Gallego, Santander, Televés e Vegalsa.

Con estas novas integracións ponse en valor uno dos obxectivos perseguidos por Juan Manuel Vieites á fronte da CEG, que é o de reforzar a nivel interno e darlle maior protagonismo ao Consello Asesor, tanto a través dunha maior participación dos representantes das empresas que o integran como do incremento no número de compañías representadas.

Para o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia o Consello Asesor “debe axudar ao desenvolvemento como órgano consultivo de apoio á organización e como instrumento de crecemento e competitividade das empresas da nosa comunidade autónoma”. Ademais, “atopámonos nun momento de tranformaciones profundas, así que este órgano de asesoramento debe dar valor e enriquecemento ás iniciativas, establecer un debate estratéxico e achegarnos un maior grao de reputación per se grazas tamén aos profesionais con gran valor, talento e experiencia que o integran. 

Neste sentido, “o traballo deste Consello Asesor –segundo Juan Manuel Vieites- debe derivar no aumento da capacidade de chegada ao mercado con clientes, stakeholders, influencers, investidores, etc: tamén funcionar como instrumento que favoreza as relacións; axudar a acelerar o crecemento en procesos de internacionalización,  profesionalización, dixitalización, aterraxe en determinados mercados ou na toma de decisións complexas, e en definitiva para a adquisición de coñecementos concretos; e funcionar  como espello do que estamos a facer”.

A previsión é que o Consello Asesor da CEG–reuniuse o pasado día 22 de marzo-, manteña encontros periódicos, celebrándose o próximo no mes de maio.  

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.